Moi bos días meniñas e meniños! que tal?
Outra semana máis que lle vai dando fin ao cuatrimestre, aínda que tamén nos proporciona estrés e agobio polos exámenes finais…
Desta quenda tócame vir falar da asignatura que lle dá sentido a este blog e a todas as entradas que publicamos nel: Novas tecnoloxías aplicadas á educación. Impartida no segundo cuatrimestre, do primeiro curso, do Grao de Educación Primaria, na facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Pois ben, sen dúbida algunha, considero que esta asignatura, dados os tempos que corren, nos que a tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso, é moi precisa para a nosa formación como futuros docentes; que á vez, formaremos a diversas persoas. Hai que tratar de innovar en sectores tan importantes como a educación, dándolle aires frescos e modernos que se adapten ás novas necesidades do mundo real.
Aprendín moito nesta asignatura, sobre todo no relacionado co traballo colaborativo e en pequenos grupos. Ademais, a metodoloxía empregada de ter que buscarnos nós a vida e sacarnos as castañas do lume en moitas ocasións, favorece o aprendizaxe por descubrimento.
Non obstante non é que realizáramos todo abandonados á nosa sorte…pero sí, na miña humilde opinión quizás botei en falta un pouco de explicacións teóricas sobre como traballar coas ferramentas dispoñibles para logo poder practicar e realizar as actividades e propostas educativas correctamente.
Ter que levar un blog, con tantas entradas de obligatoria publicación e semanalmente, sí me quitou moito tempo, pero así mesmo, entendo que é un xeito de ter todas as nosas opinións, ideas e proxectos gardados nun sitio común, dende o que, ademais, poder compartir todo con máis xente á que lle interese.
Creo que mellorei moito manexándome co ordenador e as súas diversas posibilidades de programas xa que, pese a ser pouco tempo, aprendín un chiquiño de cada tema impartido.
Co paso do tempo, de seguro que sigo aumentando os meus coñecementos sobre as tecnoloxías para traballar de forma máis eficaz con elas e así, utilizalas cos meus futuros alumnos e alumnas (oxalá! jeje)
Un saudiño e ata a próxima!