Mostrando entradas con la etiqueta Isabel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Isabel. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de abril de 2016

INFORME FINAL DE PRÁCTICAS

Hola, os dejamos el enlace a nuestro informe final de prácticas, a ver que os parece.

MUSEO!

Aínda sigo por aquí. Vou deixarvos o enlace a unha páxina que é Miba, un museo de Barcelona. Así de paso douvos unha idea de vacacións para este verán..que xa están ahí ahí. É un museo de ideas e inventos, con espacios absurdos, reflexonarium, etc....a min pareceme moi curioso..asi que xa sabedes, se ides a Barcelona visitainos..para saber mais, preme aquí.

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA

Bos días mozos e mozas! Cómo andades? Eu algo cansa, rematando todos os traballos e proxectos que teño que facer para a carreira. De todas as materias deste ano, Novas Tecnoloxías e unha materia da mención resultáronme as máis complicadas. Desde o meu punto de vista, é moitísimo traballo semanal, tanto na parte teórica coma na parte práctica: prácticas de cada tema de teoría, entradas para o blog, actividades varias con diferentes programas, proxecto, etc. Quizás non é complicada a palabra, mais ben é materia de traballo continuo. Pero isto tamén ten un lado bo, é que de tanta práctica semanal coñeces mellor os programas, recursos contidos, etc. 
Tamén é unha experiencia nova, xa que eu nunca tiven un blog nin se me pasaba pola cabeza telo..e a verdade é que non está mal. Tamén grazas a esta materia aprendín moitísimos recursos, programas, aplicacións, etc. Considéroas súper útiles e xa gardei cada enlace, nome, etc. no meu dropbox xa que, como xa dixen, os considero moi útiles para o meu futuro espero que non moi lexano. 
En fin, é unha materia na que hai que traballar duramente tanto na clase como fora dela pero aprendes cousas útiles para o futuro. Iso sí, espero que tanto traballo teña un bo resultado...espero aprobar! :) Xa vos contarei....saúdos e ánimo! 

viernes, 22 de abril de 2016

WEBQUEST XA DISPOÑIBLE

Boas noites chicas e chicos!

Aquí vos deixamos a webquest da que vos viñemos falando durante un tempo.


Clickade aquí para vela: http://mestresenproceso.wix.com/mestresenproceso

Agardamos que vos guste!
Un saudiño

miércoles, 20 de abril de 2016

REFLEXIÓN SOBRE OS COMENTARIOS D@S COMPAÑEIR@S

Boas tardes lectoras e lectores!

Estáse a rematar o cuatrimestre e con el, andamos todas e todos tolos para rematar cos proxectos pendentes. Entre eles, os relacionados coa materia de Novas Tecnoloxías, pola que estamos aquí neste maravilloso blog.

Por esta razón, imos facer unha breve reflexión sobre o que nos pareceron os comentarios que nos deixaron en diversas entradas ao longo destes últimos meses. 

Antes de que se nos esqueza, cómpre destacar que os agradecemos moitísimo, xa que dalgún xeito leron pequenos anacos de ideas e reflexións que fomos compartindo públicamente grazas a esta útil ferramenta que é Blogger. Asimesmo, tamén nos sentimos moi satisfeitos xa que moita información que nos foi necesaria, tamén lle puido ser precisa a outras persoas.

Asique, reiteremos os agradecementos e ata a próxima!

Un saúdo!

ESQUELETO DO E-BOOK

Moi bos días meniñas e meniños! Como estades?

Hoxe vimos para contarvos rápidamente como terminaremos co noso proxecto. Xa sabedes que imos facer un e-book, para que todo o traballo e ferramentas educativas interactivas que creamos sobre os inventos teñan concordancia.
Para iso, a nosa idea consiste en elaborar un conto que relacione todos os inventos traballados.
Veredes que atractivo resulta!

Un saúdo e ata a próxima!

lunes, 18 de abril de 2016

TICHING

Boas tardes rapaces e rapazas!
Hoxe volvo estar por acá, con unha nova entrada. Xa queda pouco, xa que as clases están a piques de rematar. Pero no vou falar diso, navegando pola rede atopei, entre outros, "Tiching" que comezou sendo un buscador de recursos pero agora permite compartir recursos co alumnado, contarctar con outros docentes, ... Os contidos están  categorizados polo curso, competencias, tipoloxía, idioma, tipo de medio, tipo de actividade, destinatarios, audiencia e creador. Moi completiño e sobre todo intuitivo e super clasificado. Se o queres ollar...preme aquí! Pois ata aquí! Bo comezo de semana a todos e a todas!  

martes, 12 de abril de 2016

CUESTIONARIO FINAL

Boas tardes meniñas e meniños!

Tráigovos o cuestionario final que dará por finalizadas todas as actividades interactivas propostas acerca dos inventos. Ademais de servir de resumo, avaliará todo o aprendido sobre o tema.
Como non, todo moi sinxeliño, xa que é para os máis cativos e cativas.

Sentimos que esté feito coa mesma ferramenta (Educaplay), pero é a única que non presenta problemas á hora de previsualizar as actividades, gardalas e publicalas (sexa cal sexa o ordenador que utilicemos).

Ata a próxima!




Cuestionario final

lunes, 11 de abril de 2016

DISCO DE NEWTON

Chicos aquí os dejamos un stop motion sobre la rueda de colores también llamada disco de Newton y como hacer una vosotros. Espero que lo intentéis.

OBJETOS CIRCULARES

Esta será una actividad en la que deberéis unir cada objeto con forma cilíndrica con su correspondiente función, os dejo aquí la actividad.

Objetos Circulare

MINDOMO

Boas tardes mozos e mozas!
Como estades? Hoxe toca actualizar e pásome por aquí para darvos a coñecer un programa que permite facer mapas conceptuais. Eso sí, hai que rexistrarse. O programa chámase Mindomo. Pinchade aquí se estades pensando en crear un mapa conceptual. Boa semana!

viernes, 8 de abril de 2016

RELACIONAMOS

Pois xa non esperamos para ensinarvos a actividade de relacionar columnas. Tamén moi simple, jeje!

Sen límite de tempo e con tres intentos para os peques..!
Estamos desexando que as roben algún día!Unimos sen inventar

Un saúdo meninos e meninas!

AQUÍ UNHA ACTIVIDADE!

Moi boas tardes meniños e meniñas!
Tráigovos unha das primeiras actividades que temos realizadas para o e-book. Trátase dun mexunxe de letras no que os máis pequenos e pequenas teñen que buscar diferentes inventos que lle propoñemos e os seus inventores.Inventos e inventores/as

Sí, xa sabemos que é moi sinxeliña! Pero lembrade que son actividades para as e os máis cativos!

Deica a próxima!

miércoles, 30 de marzo de 2016

EXPERIENCIAS COAS TIC

Boas tardes nenos e nenas! Que tal o pasastes nas vacacións?
Seguro que xenial, de vacacións sempre se está moi ben. Hoxe pásome por aquí para facer una nova entrada e para compartir con vos un blog  no que unha mestra nos comparte as suas experiencias coas TIC na aula, o que aprende, os seus descubrimentos, etc. Se estades interesados, pinchade aquí.
Deséxovos que pasedes unha moi boa semana e que teñades un bo comezo. Un saúdo.

miércoles, 16 de marzo de 2016

SOPAS DE LETRAS

Boas tardes nenos e nenas!
Seguro que moi contentos xa que quedan so dous días para as vacacións de semana santa... haha.
Bueno, hoxe vou a deixarvos un enlace dun programa que nos permite crear sopas de letras dun xeito moi moi sinxelo. Podes elexir ti as filas que queres, as palabras, e incluso podes meter palabras trampa. Está en castelán e xa vos digo que é moi sinxelo. Se vos interesa pinchade aquí
Bueno rapaces e rapazas, disfrutade moitísimo das vacacións..e ata a volta!!

WEBQUEST

¡Hola a todos y todas!
Estamos trabajando en la creación de una webquest que es una estrategia de aprendizaje en la que el alumno resuelve un problema con los recursos planificados previamente por el docente que servirá de guía para formar su conocimiento. Esperamos acabarla pronto. De momento esta es la parte que tenemos diseñada. Webquest

miércoles, 9 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER (INVENTORA)

Moi bos días!

Aquí estamos como grupo cunha nova entrada. Desta quenda e con motivo do Día da Muller Traballadora (que foi onte, 8 de Marzo) queremos darlle presenza como exemplos a seguir ás mulleres inventoras. Pois, lamentablemente, caímos na conta de que todos os inventos escollidos para traballar coas nenas e nenos nun aula de primaria, son obra do sexo masculino. Pero iso non significa que as mulleres non teñan mentes privilexiadas das que saíron e sairán numerosos e útiles inventos. 

Navegando pola rede, descubrimos que tanto o wifi como o e-book foron obra de Hedy Lamarr e de Ángela Ruiz Robles, respectivamente. 
Cabe engandir, que á súa vez, Ángela Ruiz Robles tamén foi a precursora das tablets, eses dispositivos tan presentes na actualidade en moitas aulas do país. 

Se queredes botarlle un vistazo a este tema, deixámosvos aquí o enlace para que ademais, poidades descubrir (senón o sabedes aínda) cales son as 10 inventoras máis destacadas do panorama dos inventos. 

Nós non as coñecíamos, e vós? Sabedes algún dato máis?

Un saúdo e ata a próxima!

miércoles, 2 de marzo de 2016

OS INVENTOS

Boas tardes mozos e mozas!! Que tal estades?
Hoxe volvo por aquí, despois de unha semana, para deixarvos una páxina web que contén, entre moitos outros contidos, unha pequena lectura/ conto sobre os inventos. Xa ben sabedes que é o tema que eleximos para o proyecto da materia.
O conto fala de moitos inventos, incluso fai preguntas o lector para mantelo máis activo, enlaza un invento con outro, etc. Tamén incorpora imaxes e os parágrafos de texto son curtos, polo que ós rapaces e rapazas non lles resultará complicado leelo.
Desde o meu punto de vista, engadiría alguna actividade interactiva, ben de comprensión da lectura, de reforzo, etc.
Pois nada máis, pinchade aquí se estades interesados en leer o conto, e se vos apetece deixade a vosa opinión.

ÚLTIMAS NOVAS

Moi bos días meniños e meniñas!

Estamos aquí como grupo para contarvos as últimas novas.
Resulta que andamos sumerxidos na invencción de actividades interactivas para introducir no noso e-book infantil.
En primeiro lugar, aclarvos que todas estas actividades van ser publicadas no noso blog pouco a pouco e, finalmente, serán reunidas no libro electrónico.
Os inventos cos que imos traballar na nosa aula de 1º de primaria son: a roda, a bombilla, o teléfono e o papel. E para iso, pensamos en varias actividades que sirvan para aprender que non todo existe dende sempre.
Para comezar o tema en cuestión, empezaremos cunha webquest que responda á pregunta: "Que é un invento?" e dentro dela pretendemos crear unha actividade sobre o método científico e a necesidade e o porqué dos inventos.
Logo procederemos a elaborar todo o conxunto de xogos relacionados xa, cos inventos elexidos; como por exemplo (e esto é unha tormenta de ideas):

-Para a roda: un banco de actividades relacionado coa búsqueda de elementos redondos, o traballo das diferentes formas, identificar os usos e un stopmotion sobre o disco de Newton.

-Para o teléfono: pensamos na ordenación de imaxes que recreen o xogo da comunicación entre vasos e outro xogo de suma de 1+1=2 que explique, asimesmo o número de emerxencia.

-Para a bombilla: contamos con crear unha línea do tempo que explique a evolución da iluminación. Isto é, como antes das bombillas existiron os candelabros, as velas, as antorchas (o lume), etc.

-Para o papel: pretendemos crear un edilim contando a historia do papel e que conteña diferentes xogos interactivos (puzzle, vídeo tutorial para facer papel reciclado, usos, orixe, etc).

Finalmente, debería conter unha evaluación final, a modo resumo con sopas de letras, mapas conceptuais e cuestionarios.

Esperemos que consigamos realizar todo isto sen moita dificultade. Informarémosvos a medida que vaiamos avanzando no tema.

Un saúdo e ata pronto!

POR FIN NOS PRESENTAMOS!!

Tras case un mes, ímonos presentar. Por fin!, estaredes a pensar.

Ante todo, pedir desculpas por semellante falta de educación, pero foi todo moi precipitado. Estrear o blog e comezar con todas as actividades obrigatorias e precisas. Aclaro isto: o blog forma parte dunha actividade universitaria da materia "Novas tecnoloxías aplicadas á educación" que se imparte neste segundo cuatrimestre, no Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo (Campus de Ourense).
Supoñemos que xa vos destes de conta que somos catro persoas a levar en común o blog: David, Eugenia, Isabel e Sofía. Xa sabedes tamén, que o blog está íntimamente relacionado co noso proxecto de clase: un e-book sobre os inventos para o alumnado de 1º de primaria; dahí que a maior parte das entradas publicadas sexan sobre recursos TIC.
Decir que somos estudantes da carreira que nomeei anteriormente, con moitas ganas de traballar con nenos e nenas e as TIC, como expoñemos na descripción do blog.

E aquí a presentación máis persoal:
Todos nós moi inventores e inventados!! jajajaja

Un saúdo e ata a próxima!
Light bulb