Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións Teóricas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións Teóricas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de mayo de 2016

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA (Eugenia)

Moi bos días meniñas e meniños! que tal?

Outra semana máis que lle vai dando fin ao cuatrimestre, aínda que tamén nos proporciona estrés e agobio polos exámenes finais…

Desta quenda tócame vir falar da asignatura que lle dá sentido a este blog e a todas as entradas que publicamos nel: Novas tecnoloxías aplicadas á educación. Impartida no segundo cuatrimestre, do primeiro curso, do Grao de Educación Primaria, na facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Pois ben, sen dúbida algunha, considero que esta asignatura, dados os tempos que corren, nos que a tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso, é moi precisa para a nosa formación como futuros docentes; que á vez, formaremos a diversas persoas. Hai que tratar de innovar en sectores tan importantes como a educación, dándolle aires frescos e modernos que se adapten ás novas necesidades do mundo real. 
Aprendín moito nesta asignatura, sobre todo no relacionado co traballo colaborativo e en pequenos grupos. Ademais, a metodoloxía empregada de ter que buscarnos nós a vida e sacarnos as castañas do lume en moitas ocasións, favorece o aprendizaxe por descubrimento. 
Non obstante non é que realizáramos todo abandonados á nosa sorte…pero sí, na miña humilde opinión quizás botei en falta un pouco de explicacións teóricas sobre como traballar coas ferramentas dispoñibles para logo poder practicar e realizar as actividades e propostas educativas correctamente. 
Ter que levar un blog, con tantas entradas de obligatoria publicación e semanalmente, sí me quitou moito tempo, pero así mesmo, entendo que é un xeito de ter todas as nosas opinións, ideas e proxectos gardados nun sitio común, dende o que, ademais, poder compartir todo con máis xente á que lle interese.
Creo que mellorei moito manexándome co ordenador e as súas diversas posibilidades de programas xa que, pese a ser pouco tempo, aprendín un chiquiño de cada tema impartido. 
Co paso do tempo, de seguro que sigo aumentando os meus coñecementos sobre as tecnoloxías para traballar de forma máis eficaz con elas e así, utilizalas cos meus futuros alumnos e alumnas (oxalá! jeje)

Un saudiño e ata a próxima!

martes, 3 de mayo de 2016

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA

Hola , xa estamos  a punto de rematar esta materia, e aínda que non lograse facer todo o mellor que quixera nin teña tantos seguidores no blog como outras persoas, alégrome de traballar neste blog e compartilo cos meus compañeiros de grupo. Penso que é unha asignatura moi útil na que aprendín a empregar unha serie de recursos didácticos, que me parecen moi interesantes e espero traballar con eles algún día.
Unha das cousas que me resultaron complicadas foi escribir as entradas do blog e tamén a publicación das actividades creadas. Debido a corta duración da materia é a cantidade de tarefas a realizar queda moi pouco tempo para profundizar.Non é a primeira vez que curso a asignatura xa que me resulta bastante complicada e espero que a poida aprobar. 
Un saúdo a todos.

miércoles, 27 de abril de 2016

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA

Bos días mozos e mozas! Cómo andades? Eu algo cansa, rematando todos os traballos e proxectos que teño que facer para a carreira. De todas as materias deste ano, Novas Tecnoloxías e unha materia da mención resultáronme as máis complicadas. Desde o meu punto de vista, é moitísimo traballo semanal, tanto na parte teórica coma na parte práctica: prácticas de cada tema de teoría, entradas para o blog, actividades varias con diferentes programas, proxecto, etc. Quizás non é complicada a palabra, mais ben é materia de traballo continuo. Pero isto tamén ten un lado bo, é que de tanta práctica semanal coñeces mellor os programas, recursos contidos, etc. 
Tamén é unha experiencia nova, xa que eu nunca tiven un blog nin se me pasaba pola cabeza telo..e a verdade é que non está mal. Tamén grazas a esta materia aprendín moitísimos recursos, programas, aplicacións, etc. Considéroas súper útiles e xa gardei cada enlace, nome, etc. no meu dropbox xa que, como xa dixen, os considero moi útiles para o meu futuro espero que non moi lexano. 
En fin, é unha materia na que hai que traballar duramente tanto na clase como fora dela pero aprendes cousas útiles para o futuro. Iso sí, espero que tanto traballo teña un bo resultado...espero aprobar! :) Xa vos contarei....saúdos e ánimo! 

martes, 26 de abril de 2016

INVENTOS S.XIX Y PRINCIPIOS S.XX


Hola, en este enlace podreis encontrar una breve información sobre inventos muy presentes, que empleamos muchos de nosotros sin ninguna dificultad.Contiene datos ineresantes para aprender más sobre ellos.Al final de la páginas tienes documentos relacionados que también te servirán para seguir conociendo inventos.
Un saludo
Inventos

miércoles, 20 de abril de 2016

REFLEXIÓN SOBRE OS COMENTARIOS D@S COMPAÑEIR@S

Boas tardes lectoras e lectores!

Estáse a rematar o cuatrimestre e con el, andamos todas e todos tolos para rematar cos proxectos pendentes. Entre eles, os relacionados coa materia de Novas Tecnoloxías, pola que estamos aquí neste maravilloso blog.

Por esta razón, imos facer unha breve reflexión sobre o que nos pareceron os comentarios que nos deixaron en diversas entradas ao longo destes últimos meses. 

Antes de que se nos esqueza, cómpre destacar que os agradecemos moitísimo, xa que dalgún xeito leron pequenos anacos de ideas e reflexións que fomos compartindo públicamente grazas a esta útil ferramenta que é Blogger. Asimesmo, tamén nos sentimos moi satisfeitos xa que moita información que nos foi necesaria, tamén lle puido ser precisa a outras persoas.

Asique, reiteremos os agradecementos e ata a próxima!

Un saúdo!

viernes, 8 de abril de 2016

CANDO A TECNOLOXÍA NON FURRULA...

Boas queridas e queridos!

Son Eugenia e veño algo mosqueada para escribir esta entrada. Porque tras publicar as dúas actividades de Educaplay fai uns instres, dinme conta que é a única aplicación que me funciona correctamente con dispositivos Apple. 
Ao ser unha ferramenta que se pode empregar en línea, non presenta ningún tipo de problema á hora de compartir e/ou publicar as actividades. Ademais, que contén numerosas posibilidades e actividades para poder crear. 

O problema reside noutras ferramentas como Edilim ou Hotpotatoes, entre outras, que para Mac non funcionan. E é que unha: Hotpotatoes non o consigo descargar, co cal non podo crear actividades. E dúas, Edilim sí o descargo, pero non me abre os archivos, co cal non teño á miña disposición e para empregar nas actividades imaxes, sons, etc. 

En fin, que a ver se consigo solucionar isto!

Un saudiño!

miércoles, 9 de marzo de 2016

UNHA HUMILDE OPINIÓN SOBRE KIDDLE

Boas tardes meniñas e meniños, 
como estades?

Nos últimos días acudimos ao nacemento dun buscador para que as nenas e os nenos naveguen con seguridade pola rede: Kiddle. Xa vos comentei na entrada anterior que publiquei (son Eugenia, por certo!) que era unha ferramenta que tiña moitas ganas de comentar. E ahí vou:

Encántame este innovador motor de búsqueda. Unha inciativa precisa para os máis cativos, para que deste xeito, poidan utilizar a rede sen ningún tipo de inconvinte. Pero como todo, ten a súa parte oscura. 
Kiddle é un motor de búsqueda non un navegador. Isto é que precisan dun, por exemplo de Safari, Chrome, Mozilla Firefox ou outro para acceder a Kiddle e, posteriormente, realizar a súa búsqueda dende ahí. O erro que aprecio é que este sistema non impide que os meniños e meniñas accedan a páxinas inapropiadas dende a barra do navegador. 

É preciso seguir traballando nestas iniciativas tan precisas e importantes para a seguridade dos nenos e nenas na Internet. 

Un saúdo e ata a próxima entrada!

DÍA DA MULLER (INVENTORA)

Moi bos días!

Aquí estamos como grupo cunha nova entrada. Desta quenda e con motivo do Día da Muller Traballadora (que foi onte, 8 de Marzo) queremos darlle presenza como exemplos a seguir ás mulleres inventoras. Pois, lamentablemente, caímos na conta de que todos os inventos escollidos para traballar coas nenas e nenos nun aula de primaria, son obra do sexo masculino. Pero iso non significa que as mulleres non teñan mentes privilexiadas das que saíron e sairán numerosos e útiles inventos. 

Navegando pola rede, descubrimos que tanto o wifi como o e-book foron obra de Hedy Lamarr e de Ángela Ruiz Robles, respectivamente. 
Cabe engandir, que á súa vez, Ángela Ruiz Robles tamén foi a precursora das tablets, eses dispositivos tan presentes na actualidade en moitas aulas do país. 

Se queredes botarlle un vistazo a este tema, deixámosvos aquí o enlace para que ademais, poidades descubrir (senón o sabedes aínda) cales son as 10 inventoras máis destacadas do panorama dos inventos. 

Nós non as coñecíamos, e vós? Sabedes algún dato máis?

Un saúdo e ata a próxima!

martes, 8 de marzo de 2016

LA HISTORIA DEL PAPEL

A través del enlace que aquí se os ofrece, podréis tener conciencia de como se creo el papel y como llego a desenvolverse hasta nuestros días. Un adelanto para que os pique la curiosidad es que el papel original eran pieles de animales en las cuales escribías con el jugo de frutos o con la sangre de los animales. Poco a poco esto fue desarrollándose hasta que llegamos a nuestros días y al papel moderno.

miércoles, 2 de marzo de 2016

OS INVENTOS

Boas tardes mozos e mozas!! Que tal estades?
Hoxe volvo por aquí, despois de unha semana, para deixarvos una páxina web que contén, entre moitos outros contidos, unha pequena lectura/ conto sobre os inventos. Xa ben sabedes que é o tema que eleximos para o proyecto da materia.
O conto fala de moitos inventos, incluso fai preguntas o lector para mantelo máis activo, enlaza un invento con outro, etc. Tamén incorpora imaxes e os parágrafos de texto son curtos, polo que ós rapaces e rapazas non lles resultará complicado leelo.
Desde o meu punto de vista, engadiría alguna actividade interactiva, ben de comprensión da lectura, de reforzo, etc.
Pois nada máis, pinchade aquí se estades interesados en leer o conto, e se vos apetece deixade a vosa opinión.

LOS FILTROS, UN INVENTO ESPAÑOL

En este recurso web que adjunto, podemos leer como la historia inicial de la búsqueda de una novia y un trabajo fue llevada a cabo con un éxito total por Galindo. Frecuentaba un estanco en concreto por que le gustaba la dependienta y a raíz de eso se vinculo al mundo del tabaco llegando a ser el inventor de los cigarrillos adaptad os a los filtros y otros inventos aquí podréis encontrar cierta información sobre él.

martes, 1 de marzo de 2016

LOS 10 INVENTOS MÁS IMPORTANTES

Este blog trata sobre inventos.Que mejor, que tener presente  cuáles son los más valorados y reconocidos por su importancia. Así, no nos dejaremos los relevantes atrás.Claro, que para cada uno puede ser distinto y tener sus propios diez favoritos.¿Habías pensado alguna vez en ello?¿Cuáles son los tuyos?.
Quizás deberíamos pensar en los más útiles o en los que más empleamos a diario. También hay inventos que son muy simples pero que aun así resuelven grandes problemas.
El ordenador que estoy empleando, también es un gran invento y es uno de los que ha ido evolucionando.
Los inventos nos los encontramos por todas partes y a veces no le prestamos atención. En mi opinión es algo curioso en lo que pensar. Igual, pensando y pensando tendré alguna idea para un invento.De momento intentar conocerlos para no repetir ninguno estaría bien.
Top 10

domingo, 7 de febrero de 2016

REFLEXIÓN TEÓRICA:

Bos días a todos os lectores e lectoras.

Hoxe imos tratar a revista dixital pixelbit e todo o que esta nos pode ofrecer:

O principal obxectivo desta revista e ser una ponte entre diferentes persoas de todo o mundo, xa sexan científicos ou curiosos que tratan de obter información e aprender sobre o mundo das TIC; tamén serve de fonte de divulgación de coñecementos e propón un novo motor de búsqueda de documentos segundo as preferencias que se teñan respecto do que se busca.

Unha vez que te inscribes na revista podes interactuar con ela e acceder a todo o que esta ofrece, a identidade de aquelas persoas que remitan un manuscrito para a súa dixitalización e subida á revista será coñecida solo polos membros do consello de redacción e mais os seus superiores.

Nesta revista atopamos diferentes servizos que poden axudarnos á hora de realizar os nosos traballos como CmapTools co que poder elaborar e aprender a elaborar mapas conceptuais; Ispring e outra ferramenta de gran utilidade á que podemos acceder a través desta revista, permítenos transformar os nosos power points que utilizamos nas nosas clases en arquivos flash máis lixeiros co que podemos remitirllos os alumnos de forma máis sinxela. Permítenos tamén o acceso a una revista online científica chamada COMUNICAR, coa que, como docentes, podemos traballar á hora de procurar información e actualizarnos, a única pega que atopo e que e de carácter trimestral dado que no caso de ser moi hábil coas TIC pode limitar a túa velocidade de aprendizaxe.


Coa fin de rematar esta entrada e coma conclusión quero engadir que a revista dixital pixelbit abre un grande abanico de opción de todo tipo as cales podemos remitirnos para mellorar tanto no ámbito docente coma fora das aulas, ademais podémonos implicar mais a fondo sendo participes da revista coa fin de transmitir os nosos coñecementos ou descubrimentos respecto das TIC.

miércoles, 3 de febrero de 2016

REFLEXIÓN TEÓRICA

Boas tardes nenos e nenas!
A continuación vou facer unha breve reflexión sobre certos recursos educativos TIC. Comezo falando sobre as webs de recursos educativos dixitais, desde o meu punto de vista son moi interesantes xa que nos aportan moitas ideas, xogos, e experiencias sobre calquera contido que queiramos abordar. Tamén grazas a elas podemos reforzar contidos ou simplemente atopar máis información. A tableta é outro recurso interesante, que nos acerca a outros recursos, por exemplo ás webs. É moi sinxela de manexar e pódese utilizar en calquera sitio grazas o seu tamaño. Outras propostas interesantes son o e-book (libro dixital) ou as PDI, as revistas educativas dixitais e os recursos educativos audiovisuais.
As TIC supoñen un gran avance no ámbito educativo ó mesmo tempo que fan que as clases sexan máis amenas grazas á cantidade de recursos dos que dispoñemos, aínda que segue habendo quen non quere que os alumnos e as alumnas usen ordenadores, tabletas, etc na clase xa que pensan que se distraen. Na miña opinión penso que ferramentas TIC como as PDI, os ordenadores, as tabletas ou os libros dixitais deberían estar presentes en tódalas aulas, xa que o ser innovador atrae máis. O teléfono móbil tamén sería unha boa ferramenta, pero non é adecuada para a aula. En definitiva, igual que a sociedade en xeral avanzou grazas ás novas tecnoloxías, o ámbito educativo tamén se debería adaptar.
Hai aspectos negativos como en todo, por exemplo hai programas ou páxinas que poden ser moi interesantes pero que están en outro idioma que non todo o mundo comprende. Ou a veces pode haber publicidade enganosa, por eso debemos supervisar os movementos que os nenos e nenas fagan.
Nos eleximos, para o proxecto da materia “Novas Tecnoloxías”, realizar un libro dixital no que trataremos un contido educativo, neste caso vai ser “Os inventos”. Os libros dixitais son máis amenos que os libros de texto comúns, son máis interactivos e seguro que o aprendizaxe con eles resulta máis sinxelo e teremos máis ganas de aprender. Hoxe en día hai diversidade de programas que nos axudan a crear libros electrónicos gratuitos, aínda que nun principio pode parecernos complicado. Pero pouco a pouco iremos entrando en materia e aprenderemos a facelo e serviranos para o futuro.
Ata a próxima!

Recursos web para E-books

Moi boas tardes amigas e amigos!

Escribo esta entrada para falarvos brevemente dalgúns dos recursos dispoñibles na rede para a creación dun E-book (libro dixital).
Editoriais como Santillana teñen unha zona dixital na que comparten diversidade de libros electrónicos que abarcan diferentes áreas curriculares para todos os cursos de primaria. Os E-books desta famosa editorial son moi cómodos posto que se pode traballar na aula con eles de forma dinámica e amena, grazas aos xogos interactivos das diversas unidades didácticas que conteñen.
Tichin é un blog de educación e TIC. Describe e explica o funcionamento de varias ferramentas de fácil e intuitiva utilización para crear E-books. Evidentemente, trátase dun recurso que non está destinado ás nenas e nenos, pero resulta moi interesante dado que, como futuras e futuros docentes, pretendemos "fabricar" un libro electrónico co que o alumnado de primaria poida afianzar de xeito divertido os contidos traballados na escola. Cabe destacar que, ao tratarse de menores de idade, é preciso e recomendable a supervisión e/ou axuda e colaboración dos pais.
Con Tichin calquer docente pode diseñar e/ou rediseñar unidades didácticas que ensinar na súas clases.
Na miña opinión, e sen debida algunha, Blurb é un dos recursos existentes máis interesante. Permite crear, vender e/ou distribuír libros dixitais creados por nenos e/ou adultos para nenos. Unha das vantaxes é que dita creación pode ser realizada en lingua galega; pois, xa sabemos que o noso idioma queda nun segundo plano nas novas tecnoloxías e nos E-books.

Podedes pinchar nos hipervínculos para acceder aos recursos que vos propoño e botarlle unha ollada.

Un saúdo meniños!
Light bulb