miércoles, 4 de mayo de 2016

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA (Eugenia)

Moi bos días meniñas e meniños! que tal?

Outra semana máis que lle vai dando fin ao cuatrimestre, aínda que tamén nos proporciona estrés e agobio polos exámenes finais…

Desta quenda tócame vir falar da asignatura que lle dá sentido a este blog e a todas as entradas que publicamos nel: Novas tecnoloxías aplicadas á educación. Impartida no segundo cuatrimestre, do primeiro curso, do Grao de Educación Primaria, na facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Pois ben, sen dúbida algunha, considero que esta asignatura, dados os tempos que corren, nos que a tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso, é moi precisa para a nosa formación como futuros docentes; que á vez, formaremos a diversas persoas. Hai que tratar de innovar en sectores tan importantes como a educación, dándolle aires frescos e modernos que se adapten ás novas necesidades do mundo real. 
Aprendín moito nesta asignatura, sobre todo no relacionado co traballo colaborativo e en pequenos grupos. Ademais, a metodoloxía empregada de ter que buscarnos nós a vida e sacarnos as castañas do lume en moitas ocasións, favorece o aprendizaxe por descubrimento. 
Non obstante non é que realizáramos todo abandonados á nosa sorte…pero sí, na miña humilde opinión quizás botei en falta un pouco de explicacións teóricas sobre como traballar coas ferramentas dispoñibles para logo poder practicar e realizar as actividades e propostas educativas correctamente. 
Ter que levar un blog, con tantas entradas de obligatoria publicación e semanalmente, sí me quitou moito tempo, pero así mesmo, entendo que é un xeito de ter todas as nosas opinións, ideas e proxectos gardados nun sitio común, dende o que, ademais, poder compartir todo con máis xente á que lle interese.
Creo que mellorei moito manexándome co ordenador e as súas diversas posibilidades de programas xa que, pese a ser pouco tempo, aprendín un chiquiño de cada tema impartido. 
Co paso do tempo, de seguro que sigo aumentando os meus coñecementos sobre as tecnoloxías para traballar de forma máis eficaz con elas e así, utilizalas cos meus futuros alumnos e alumnas (oxalá! jeje)

Un saudiño e ata a próxima!

martes, 3 de mayo de 2016

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA

Hola , xa estamos  a punto de rematar esta materia, e aínda que non lograse facer todo o mellor que quixera nin teña tantos seguidores no blog como outras persoas, alégrome de traballar neste blog e compartilo cos meus compañeiros de grupo. Penso que é unha asignatura moi útil na que aprendín a empregar unha serie de recursos didácticos, que me parecen moi interesantes e espero traballar con eles algún día.
Unha das cousas que me resultaron complicadas foi escribir as entradas do blog e tamén a publicación das actividades creadas. Debido a corta duración da materia é a cantidade de tarefas a realizar queda moi pouco tempo para profundizar.Non é a primeira vez que curso a asignatura xa que me resulta bastante complicada e espero que a poida aprobar. 
Un saúdo a todos.

lunes, 2 de mayo de 2016

LIBRO CASIMIRO (II)


Antes de que existira a bombilla, os únicos medios que tiña o home para crear luz eran: o lume, as antorchas, as velas, as lámpadas de aceite, os candelabros, etc.
Quen inventou a bombilla?
Sí, listill@, xa o descubriches na anterior actividade...foi Thomas Alva Edison no ano 1789.

LIBRO CASIMIRO (I)

Ola meniñas e meniños, son Casimiro!



Ando a traballar co meu ordenador para un importante proxecto na escola. Fai algo de frío por eso estou ao pé do lume. 
Sabedes que o lume é un invento creado pola humanidade fai moooooooitos pero que moitos anos? 
Entre as súas diversas funcións, atópase a de dar luz e calor. Calor para, por exemplo, cociñar ou que non pasemos frío no inverno. E luz, para que vexamos de noite. Pero claro, a raíz do lume inventáronse moitos outros artiluxios máis cómodos e sinxelos que realizan esta mesma función. 
Aquí vos deixo a línea do tempo que explica como evolucionou a forma de iluminarnos. Dende o lume, unha fogueira semellante á que fixen eu, ata a bombilla!


Light bulb