Boas queridas e queridos!
Son Eugenia e veño algo mosqueada para escribir esta entrada. Porque tras publicar as dúas actividades de Educaplay fai uns instres, dinme conta que é a única aplicación que me funciona correctamente con dispositivos Apple.
Ao ser unha ferramenta que se pode empregar en línea, non presenta ningún tipo de problema á hora de compartir e/ou publicar as actividades. Ademais, que contén numerosas posibilidades e actividades para poder crear.
O problema reside noutras ferramentas como Edilim ou Hotpotatoes, entre outras, que para Mac non funcionan. E é que unha: Hotpotatoes non o consigo descargar, co cal non podo crear actividades. E dúas, Edilim sí o descargo, pero non me abre os archivos, co cal non teño á miña disposición e para empregar nas actividades imaxes, sons, etc.
En fin, que a ver se consigo solucionar isto!
Un saudiño!

No hay comentarios:
Publicar un comentario