Bos días queridas e queridos!
Son Eugenia e veño un pouco cabreada. jaja, sí, novidade en min!
A verdade é que non tiña unha idea clara sobre de que vos podía falar hoxe. Pero xa se me iluminou a bombilla!
Resulta que levo dende onte á tarde sen poder acceder a google e a todas as súas aplicacións dende o meu ordenador persoal. Nin eu, nin moitos dos meus compañeiros de clase. Parece ser que a rede wifi da universidade non funciona ben e debe ter fallos. Para min é un problemón, dado que teño case media vida, ou a vida enteira estudiantil na nube do drive, no que fago traballos grupales online.
Espero que se arranxe pronto, porque senón a saber que solución teño que argallar!
Se alguén coñece a solución, que a comparta por favor jeje
Un saúdo!

No hay comentarios:
Publicar un comentario