miércoles, 27 de abril de 2016

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA

Bos días mozos e mozas! Cómo andades? Eu algo cansa, rematando todos os traballos e proxectos que teño que facer para a carreira. De todas as materias deste ano, Novas Tecnoloxías e unha materia da mención resultáronme as máis complicadas. Desde o meu punto de vista, é moitísimo traballo semanal, tanto na parte teórica coma na parte práctica: prácticas de cada tema de teoría, entradas para o blog, actividades varias con diferentes programas, proxecto, etc. Quizás non é complicada a palabra, mais ben é materia de traballo continuo. Pero isto tamén ten un lado bo, é que de tanta práctica semanal coñeces mellor os programas, recursos contidos, etc. 
Tamén é unha experiencia nova, xa que eu nunca tiven un blog nin se me pasaba pola cabeza telo..e a verdade é que non está mal. Tamén grazas a esta materia aprendín moitísimos recursos, programas, aplicacións, etc. Considéroas súper útiles e xa gardei cada enlace, nome, etc. no meu dropbox xa que, como xa dixen, os considero moi útiles para o meu futuro espero que non moi lexano. 
En fin, é unha materia na que hai que traballar duramente tanto na clase como fora dela pero aprendes cousas útiles para o futuro. Iso sí, espero que tanto traballo teña un bo resultado...espero aprobar! :) Xa vos contarei....saúdos e ánimo! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Light bulb