miércoles, 9 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER (INVENTORA)

Moi bos días!

Aquí estamos como grupo cunha nova entrada. Desta quenda e con motivo do Día da Muller Traballadora (que foi onte, 8 de Marzo) queremos darlle presenza como exemplos a seguir ás mulleres inventoras. Pois, lamentablemente, caímos na conta de que todos os inventos escollidos para traballar coas nenas e nenos nun aula de primaria, son obra do sexo masculino. Pero iso non significa que as mulleres non teñan mentes privilexiadas das que saíron e sairán numerosos e útiles inventos. 

Navegando pola rede, descubrimos que tanto o wifi como o e-book foron obra de Hedy Lamarr e de Ángela Ruiz Robles, respectivamente. 
Cabe engandir, que á súa vez, Ángela Ruiz Robles tamén foi a precursora das tablets, eses dispositivos tan presentes na actualidade en moitas aulas do país. 

Se queredes botarlle un vistazo a este tema, deixámosvos aquí o enlace para que ademais, poidades descubrir (senón o sabedes aínda) cales son as 10 inventoras máis destacadas do panorama dos inventos. 

Nós non as coñecíamos, e vós? Sabedes algún dato máis?

Un saúdo e ata a próxima!

2 comentarios:

  1. Ola rapaces!!
    Pareceume moi interesante a vosa publicación. Estou moi da cordo con vos, e verdade que a calquera neno ou nena de primaria lle preguntas por un inventor ou inventora e sempre responden cun de xénero masculino, cando ai moitas inventoras con proxectos realmente útiles, e que utilizamos no día a día nas nosas vidas.
    Despoxa de haber lido o articulo que axuntastes, gustoume moito a invención do lava vaixelas por Josephine Cochrane, que pensou no tempo que lles levaba os empregados a lavar os pratos e que non trataban con demasiado coidado a súa fina vaixela e así inventou este aparato.
    Moi interesante!

    ResponderEliminar
  2. Como futura docente este tema do que estades a tratar paréceme un completo acerto, xa que durante a miña etapa escolar apenas se mencionaban as mulleres, sempre se facía fincapé na trascendencia do que realizaban os homes, e hoxe en día esta tendencia debe cambiar xa que tanto homes coma mulleres somos perosas.
    Os meus parabéns por esta publicación rapaces !!

    ResponderEliminar

Light bulb