miércoles, 9 de marzo de 2016

EXPERIENCIAS NAS AULAS COAS TIC

Boas tardes rapaces e rapazas! Cómo andades?
Eu volvo por aquí despois de unha semaniña. Hoxe toca facer una nova entrada para o blog. E como non podería ser doutro xeito, sigo falando das TIC nas clases. Experiencias prácticas que podemos atopar pola rede. Neste caso é sobre o uso da PDI e doutras ferramentas TIC nunha clase de Infantil.
É unha páxina web na que una profesora nos conta a súa experiencia coas TIC día a día, xa que ela as usa tódolos días. Desde a primeira hora da mañá e non se imaxina impartir clase sin elas. Como xa dixen en outra entrada, todo son vantaxes. Ela ten as TIC integradas na aula xunto con outras ferramentas que se usaron sempre, pero confírmanos que a PDI motiva máis aos rapaces e rapazas que outras ferramentas comúns e  se complementamos as ferramentas tradicionais coas TIC os alumnos e as alumnas aprenden mellor os contidos curriculares.
Déixovos aquí o enlace por se queredes pasarvos e deixar algún comentario. Pásade boa tarde!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Light bulb