miércoles, 2 de marzo de 2016

POR FIN NOS PRESENTAMOS!!

Tras case un mes, ímonos presentar. Por fin!, estaredes a pensar.

Ante todo, pedir desculpas por semellante falta de educación, pero foi todo moi precipitado. Estrear o blog e comezar con todas as actividades obrigatorias e precisas. Aclaro isto: o blog forma parte dunha actividade universitaria da materia "Novas tecnoloxías aplicadas á educación" que se imparte neste segundo cuatrimestre, no Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo (Campus de Ourense).
Supoñemos que xa vos destes de conta que somos catro persoas a levar en común o blog: David, Eugenia, Isabel e Sofía. Xa sabedes tamén, que o blog está íntimamente relacionado co noso proxecto de clase: un e-book sobre os inventos para o alumnado de 1º de primaria; dahí que a maior parte das entradas publicadas sexan sobre recursos TIC.
Decir que somos estudantes da carreira que nomeei anteriormente, con moitas ganas de traballar con nenos e nenas e as TIC, como expoñemos na descripción do blog.

E aquí a presentación máis persoal:
Todos nós moi inventores e inventados!! jajajaja

Un saúdo e ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Light bulb