Moi bos días meniños e meniñas!
Estamos aquí como grupo para contarvos as últimas novas.
Resulta que andamos sumerxidos na invencción de actividades interactivas para introducir no noso e-book infantil.
En primeiro lugar, aclarvos que todas estas actividades van ser publicadas no noso blog pouco a pouco e, finalmente, serán reunidas no libro electrónico.
Os inventos cos que imos traballar na nosa aula de 1º de primaria son: a roda, a bombilla, o teléfono e o papel. E para iso, pensamos en varias actividades que sirvan para aprender que non todo existe dende sempre.
Para comezar o tema en cuestión, empezaremos cunha webquest que responda á pregunta: "Que é un invento?" e dentro dela pretendemos crear unha actividade sobre o método científico e a necesidade e o porqué dos inventos.
Logo procederemos a elaborar todo o conxunto de xogos relacionados xa, cos inventos elexidos; como por exemplo (e esto é unha tormenta de ideas):
-Para a roda: un banco de actividades relacionado coa búsqueda de elementos redondos, o traballo das diferentes formas, identificar os usos e un stopmotion sobre o disco de Newton.
-Para o teléfono: pensamos na ordenación de imaxes que recreen o xogo da comunicación entre vasos e outro xogo de suma de 1+1=2 que explique, asimesmo o número de emerxencia.
-Para a bombilla: contamos con crear unha línea do tempo que explique a evolución da iluminación. Isto é, como antes das bombillas existiron os candelabros, as velas, as antorchas (o lume), etc.
-Para o papel: pretendemos crear un edilim contando a historia do papel e que conteña diferentes xogos interactivos (puzzle, vídeo tutorial para facer papel reciclado, usos, orixe, etc).
Finalmente, debería conter unha evaluación final, a modo resumo con sopas de letras, mapas conceptuais e cuestionarios.
Esperemos que consigamos realizar todo isto sen moita dificultade. Informarémosvos a medida que vaiamos avanzando no tema.
Un saúdo e ata pronto!

No hay comentarios:
Publicar un comentario