jueves, 31 de marzo de 2016

EXPERIENCIAS CON EVERNOTE

Bos días queridas e queridos!

Son Eugenia e veño por aquí para relatarvos a miña experiencia coa ferramenta "Evernote". Para comezar explicareivos en qué consiste. 
É unha forma de traballo na que podes escribir, recopilar, buscar, presentar e realizar todo desde un só espazo de traballo. En dito espazo, podes escribir todos os días, tomando notas de todo aquelo que precises para o futuro; traballar en equipo, compartindo todo tipo de información en calquer momento e lugar; recopilar información sobre diversas investigacións; facer capturas e gardalas ao instante; así como, compartir ideas e sincronizalas desde os diferentes dispositivos móbiles ou ordenadores que utilices. 

En definitiva, un espazo informático que me serve para gardar as ideas e/ou pensamentos no preciso momento no que me sinto inspirada, compartilos e almacenar os traballos más importantes nun só espacio dixital. 

Asique xa sabedes, tede en conta Evernote para organizarvos persoalmente. 

Ata a vista, meniñas e meniños!

1 comentario:

  1. Hola Eugenia!! Quero darche as grazas por a publicación das túas experiencias persoais, que nos servirán a todos ea todas para realizar o mesmo en canto as nosas vivencias.
    Desde o meu punto de vista é moi boa aportación. Grazas!

    ResponderEliminar

Light bulb