Boas tardes meniñas e meniños,
como estades?
Nos últimos días acudimos ao nacemento dun buscador para que as nenas e os nenos naveguen con seguridade pola rede: Kiddle. Xa vos comentei na entrada anterior que publiquei (son Eugenia, por certo!) que era unha ferramenta que tiña moitas ganas de comentar. E ahí vou:
Encántame este innovador motor de búsqueda. Unha inciativa precisa para os máis cativos, para que deste xeito, poidan utilizar a rede sen ningún tipo de inconvinte. Pero como todo, ten a súa parte oscura.
Kiddle é un motor de búsqueda non un navegador. Isto é que precisan dun, por exemplo de Safari, Chrome, Mozilla Firefox ou outro para acceder a Kiddle e, posteriormente, realizar a súa búsqueda dende ahí. O erro que aprecio é que este sistema non impide que os meniños e meniñas accedan a páxinas inapropiadas dende a barra do navegador.
É preciso seguir traballando nestas iniciativas tan precisas e importantes para a seguridade dos nenos e nenas na Internet.
Un saúdo e ata a próxima entrada!

Gosto de este formato de traballo para nenos e nanas. Unha boa indagación no terreo da tecnoloxía que calquera docente pode aplicar con tranquilidade na aula xa que está adecuada ao alumnado de escasa idade. O navegador está moi axeitado a idade dos nenos e nenas aos que se dedican os nosos proxectos.
ResponderEliminarImportante o dato no que se comenta o risco a ter en conta. Grazas pola aportación. Servirá de gran axuda!!