Boas tardes nenos e nenas!
A continuación vou facer unha breve
reflexión sobre certos recursos educativos TIC. Comezo falando sobre
as webs de recursos educativos dixitais, desde o meu punto de vista
son moi interesantes xa que nos aportan moitas ideas, xogos, e
experiencias sobre calquera contido que queiramos abordar. Tamén
grazas a elas podemos reforzar contidos ou simplemente atopar máis
información. A tableta é outro recurso interesante, que nos acerca
a outros recursos, por exemplo ás webs. É moi sinxela de manexar e
pódese utilizar en calquera sitio grazas o seu tamaño. Outras
propostas interesantes son o e-book (libro dixital) ou as PDI, as
revistas educativas dixitais e os recursos educativos audiovisuais.
As TIC supoñen un gran avance no
ámbito educativo ó mesmo tempo que fan que as clases sexan máis
amenas grazas á cantidade de recursos dos que dispoñemos, aínda
que segue habendo quen non quere que os alumnos e as alumnas usen
ordenadores, tabletas, etc na clase xa que pensan que se distraen. Na
miña opinión penso que ferramentas TIC como as PDI, os ordenadores,
as tabletas ou os libros dixitais deberían estar presentes en
tódalas aulas, xa que o ser innovador atrae máis. O teléfono móbil
tamén sería unha boa ferramenta, pero non é adecuada para a aula.
En definitiva, igual que a sociedade en xeral avanzou grazas ás
novas tecnoloxías, o ámbito educativo tamén se debería adaptar.
Hai aspectos negativos como en todo,
por exemplo hai programas ou páxinas que poden ser moi interesantes
pero que están en outro idioma que non todo o mundo comprende. Ou a
veces pode haber publicidade enganosa, por eso debemos supervisar os
movementos que os nenos e nenas fagan.
Nos eleximos, para o proxecto da
materia “Novas Tecnoloxías”, realizar un libro dixital no que
trataremos un contido educativo, neste caso vai ser “Os inventos”.
Os libros dixitais son máis amenos que os libros de texto comúns,
son máis interactivos e seguro que o aprendizaxe con eles resulta
máis sinxelo e teremos máis ganas de aprender. Hoxe en día hai
diversidade de programas que nos axudan a crear libros electrónicos
gratuitos, aínda que nun principio pode parecernos complicado. Pero
pouco a pouco iremos entrando en materia e aprenderemos a facelo e
serviranos para o futuro.
Ata a próxima!