miércoles, 17 de febrero de 2016

MÁIS E ÚTILES RECURSOS WEB PARA E-BOOKS, OPINION PERSONAL

Boas e chuviosas tardes...

Aquí estou de novo queridos e queridas! Sen deixar pasar tan sequera un día de relax jajaja
Son Eugenia e procedo a relatarvos a miña experiencia individual indagando sobre os recursos web para e-books que vos presentei esta mañá.

A actividade en sí non parecía nada doutro mundo, posto que coas ferramentas axeitadas (ordenador, tableta ou teléfono móbil) e conexión a internet case ía todo rodado. Mais ao tratarse dunha búsqueda era precisa unha investigación sobre os recursos que ía vendo, para poder analizalos e decidir se eran os axeitados ou non para o noso proxecto (un e-book para primaria sobre os inventos, xa sabedes!). 
En xeral, foi sinxelo posto que, únicamente con conseguir recursos válidos, era cubrir de forma persoal unha ficha técnica, que para nós, e para vós pode resultar moi útil á hora de querer traballar con libros dixitais ou querer crear un. 
De todos xeitos, cabe mencionar que, dentro desa simpleza, hai que buscar e valorar o que atopamos na rede de forma crítica e reflexiva. Non nos olvidemos que excesiva información, desinforma.

Ata a seguinte entrada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Light bulb