miércoles, 3 de febrero de 2016

Recursos web para E-books

Moi boas tardes amigas e amigos!

Escribo esta entrada para falarvos brevemente dalgúns dos recursos dispoñibles na rede para a creación dun E-book (libro dixital).
Editoriais como Santillana teñen unha zona dixital na que comparten diversidade de libros electrónicos que abarcan diferentes áreas curriculares para todos os cursos de primaria. Os E-books desta famosa editorial son moi cómodos posto que se pode traballar na aula con eles de forma dinámica e amena, grazas aos xogos interactivos das diversas unidades didácticas que conteñen.
Tichin é un blog de educación e TIC. Describe e explica o funcionamento de varias ferramentas de fácil e intuitiva utilización para crear E-books. Evidentemente, trátase dun recurso que non está destinado ás nenas e nenos, pero resulta moi interesante dado que, como futuras e futuros docentes, pretendemos "fabricar" un libro electrónico co que o alumnado de primaria poida afianzar de xeito divertido os contidos traballados na escola. Cabe destacar que, ao tratarse de menores de idade, é preciso e recomendable a supervisión e/ou axuda e colaboración dos pais.
Con Tichin calquer docente pode diseñar e/ou rediseñar unidades didácticas que ensinar na súas clases.
Na miña opinión, e sen debida algunha, Blurb é un dos recursos existentes máis interesante. Permite crear, vender e/ou distribuír libros dixitais creados por nenos e/ou adultos para nenos. Unha das vantaxes é que dita creación pode ser realizada en lingua galega; pois, xa sabemos que o noso idioma queda nun segundo plano nas novas tecnoloxías e nos E-books.

Podedes pinchar nos hipervínculos para acceder aos recursos que vos propoño e botarlle unha ollada.

Un saúdo meniños!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Light bulb