Hola amigas e amigos!
Aquí estou de novo para comentar unha noticia que atopei na rede sobre o aforro que supón o emprego da tecnoloxía na escola. Máis concretamente, do aforro que pode supoñer a utilización de e-books fronte aos libros de texto.
Premede aquí para botarlle un ollo á mesma.
Son das que aposta polas TIC e os dispositivos electrónicos para o emprego na educación. Tendo en conta a economía das familias, éstas poderían aforrar ata un 90% no presuposto escolar das súas fillas e fillos. Deste xeito, non se verían tan afogadas económicamente polo gasto tremendísimo que supón a compra dos libros de texto. Sen ter en conta todo o material escolar preciso a maiores.
Para as nenas e os nenos supón unha atracción hacia todo o relacionado cos estudos. Co que se verían incrementados de forma notoria os seus resultados académicos. Por outro lado, para os docentes suporía a facilitación das súas tarefas, ademais de que poderían atender de forma máis individual e exclusiva as necesidades do alumnado, propoñéndolle actividades "fabricadas" para cada un.
Que vos parece empregar e-books e outros recursos dixitais na escola?
Un saúdo meniños!

No hay comentarios:
Publicar un comentario