miércoles, 3 de febrero de 2016

REFLEXIÓN TEÓRICA

Boas tardes nenos e nenas!
A continuación vou facer unha breve reflexión sobre certos recursos educativos TIC. Comezo falando sobre as webs de recursos educativos dixitais, desde o meu punto de vista son moi interesantes xa que nos aportan moitas ideas, xogos, e experiencias sobre calquera contido que queiramos abordar. Tamén grazas a elas podemos reforzar contidos ou simplemente atopar máis información. A tableta é outro recurso interesante, que nos acerca a outros recursos, por exemplo ás webs. É moi sinxela de manexar e pódese utilizar en calquera sitio grazas o seu tamaño. Outras propostas interesantes son o e-book (libro dixital) ou as PDI, as revistas educativas dixitais e os recursos educativos audiovisuais.
As TIC supoñen un gran avance no ámbito educativo ó mesmo tempo que fan que as clases sexan máis amenas grazas á cantidade de recursos dos que dispoñemos, aínda que segue habendo quen non quere que os alumnos e as alumnas usen ordenadores, tabletas, etc na clase xa que pensan que se distraen. Na miña opinión penso que ferramentas TIC como as PDI, os ordenadores, as tabletas ou os libros dixitais deberían estar presentes en tódalas aulas, xa que o ser innovador atrae máis. O teléfono móbil tamén sería unha boa ferramenta, pero non é adecuada para a aula. En definitiva, igual que a sociedade en xeral avanzou grazas ás novas tecnoloxías, o ámbito educativo tamén se debería adaptar.
Hai aspectos negativos como en todo, por exemplo hai programas ou páxinas que poden ser moi interesantes pero que están en outro idioma que non todo o mundo comprende. Ou a veces pode haber publicidade enganosa, por eso debemos supervisar os movementos que os nenos e nenas fagan.
Nos eleximos, para o proxecto da materia “Novas Tecnoloxías”, realizar un libro dixital no que trataremos un contido educativo, neste caso vai ser “Os inventos”. Os libros dixitais son máis amenos que os libros de texto comúns, son máis interactivos e seguro que o aprendizaxe con eles resulta máis sinxelo e teremos máis ganas de aprender. Hoxe en día hai diversidade de programas que nos axudan a crear libros electrónicos gratuitos, aínda que nun principio pode parecernos complicado. Pero pouco a pouco iremos entrando en materia e aprenderemos a facelo e serviranos para o futuro.
Ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Light bulb