Bos días a todos os lectores e lectoras.
Hoxe
imos tratar a revista dixital pixelbit e
todo o que esta nos pode ofrecer:
O principal obxectivo desta revista e ser una ponte
entre diferentes persoas de todo o mundo, xa sexan científicos ou curiosos que
tratan de obter información e aprender sobre o mundo das TIC; tamén serve de
fonte de divulgación de coñecementos e propón un novo motor de búsqueda de
documentos segundo as preferencias que se teñan respecto do que se busca.
Unha vez que te inscribes na revista podes
interactuar con ela e acceder a todo o que esta ofrece, a identidade de aquelas
persoas que remitan un manuscrito para a súa dixitalización e subida á revista será
coñecida solo polos membros do consello de redacción e mais os seus superiores.
Nesta revista atopamos diferentes servizos que
poden axudarnos á hora de realizar os nosos traballos como CmapTools co que
poder elaborar e aprender a elaborar mapas conceptuais; Ispring e outra
ferramenta de gran utilidade á que podemos acceder a través desta revista, permítenos
transformar os nosos power points que utilizamos nas nosas clases en arquivos
flash máis lixeiros co que podemos remitirllos os alumnos de forma máis
sinxela. Permítenos tamén o acceso a una revista online científica chamada
COMUNICAR, coa que, como docentes, podemos traballar á hora de procurar
información e actualizarnos, a única pega que atopo e que e de carácter trimestral
dado que no caso de ser moi hábil coas TIC pode limitar a túa velocidade de
aprendizaxe.
Coa fin de rematar esta entrada e coma
conclusión quero engadir que a revista dixital pixelbit abre un grande abanico de opción de todo tipo as cales
podemos remitirnos para mellorar tanto no ámbito docente coma fora das aulas,
ademais podémonos implicar mais a fondo sendo participes da revista coa fin de
transmitir os nosos coñecementos ou descubrimentos respecto das TIC.

No hay comentarios:
Publicar un comentario