jueves, 18 de febrero de 2016

REFLEXIÓN SOBRE A BÚSQUEDA DE RECURSOS

Boas tardes rapaces e rapazas!!
Pásome un día máis por aquí para contarvos como foi esta experiencia de buscar recursos na web para poder cubrir a ficha de análise. Parece sinxelo xa que en Internet podemos atopar todo tipo de información, pero a realidade é que non todos os resultados que atopamos son o que buscamos. eu tiña que buscar dous recursos que me servisen para o libro electrónico que queremos facer sobre "os inventos". O que máis fácil me resultou foi a búsqueda dos programas que serven para crear libros electrónicos xa que encontrei páxinas que me proporcionaban os datos que eu quería. Buscar as actividades resultoume máis complexo xa que parecía que entraba na páxina e o contido desta era totalmente distinto ó que eu buscaba.
En resumo, sí é certo que Internet nos proporciona moita información, pero temos que ter cuidado porque ó acceder as páxinas, non sempre mostra o que buscamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Light bulb