miércoles, 4 de mayo de 2016

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA (Eugenia)

Moi bos días meniñas e meniños! que tal?

Outra semana máis que lle vai dando fin ao cuatrimestre, aínda que tamén nos proporciona estrés e agobio polos exámenes finais…

Desta quenda tócame vir falar da asignatura que lle dá sentido a este blog e a todas as entradas que publicamos nel: Novas tecnoloxías aplicadas á educación. Impartida no segundo cuatrimestre, do primeiro curso, do Grao de Educación Primaria, na facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Pois ben, sen dúbida algunha, considero que esta asignatura, dados os tempos que corren, nos que a tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso, é moi precisa para a nosa formación como futuros docentes; que á vez, formaremos a diversas persoas. Hai que tratar de innovar en sectores tan importantes como a educación, dándolle aires frescos e modernos que se adapten ás novas necesidades do mundo real. 
Aprendín moito nesta asignatura, sobre todo no relacionado co traballo colaborativo e en pequenos grupos. Ademais, a metodoloxía empregada de ter que buscarnos nós a vida e sacarnos as castañas do lume en moitas ocasións, favorece o aprendizaxe por descubrimento. 
Non obstante non é que realizáramos todo abandonados á nosa sorte…pero sí, na miña humilde opinión quizás botei en falta un pouco de explicacións teóricas sobre como traballar coas ferramentas dispoñibles para logo poder practicar e realizar as actividades e propostas educativas correctamente. 
Ter que levar un blog, con tantas entradas de obligatoria publicación e semanalmente, sí me quitou moito tempo, pero así mesmo, entendo que é un xeito de ter todas as nosas opinións, ideas e proxectos gardados nun sitio común, dende o que, ademais, poder compartir todo con máis xente á que lle interese.
Creo que mellorei moito manexándome co ordenador e as súas diversas posibilidades de programas xa que, pese a ser pouco tempo, aprendín un chiquiño de cada tema impartido. 
Co paso do tempo, de seguro que sigo aumentando os meus coñecementos sobre as tecnoloxías para traballar de forma máis eficaz con elas e así, utilizalas cos meus futuros alumnos e alumnas (oxalá! jeje)

Un saudiño e ata a próxima!

martes, 3 de mayo de 2016

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA

Hola , xa estamos  a punto de rematar esta materia, e aínda que non lograse facer todo o mellor que quixera nin teña tantos seguidores no blog como outras persoas, alégrome de traballar neste blog e compartilo cos meus compañeiros de grupo. Penso que é unha asignatura moi útil na que aprendín a empregar unha serie de recursos didácticos, que me parecen moi interesantes e espero traballar con eles algún día.
Unha das cousas que me resultaron complicadas foi escribir as entradas do blog e tamén a publicación das actividades creadas. Debido a corta duración da materia é a cantidade de tarefas a realizar queda moi pouco tempo para profundizar.Non é a primeira vez que curso a asignatura xa que me resulta bastante complicada e espero que a poida aprobar. 
Un saúdo a todos.

lunes, 2 de mayo de 2016

LIBRO CASIMIRO (II)


Antes de que existira a bombilla, os únicos medios que tiña o home para crear luz eran: o lume, as antorchas, as velas, as lámpadas de aceite, os candelabros, etc.
Quen inventou a bombilla?
Sí, listill@, xa o descubriches na anterior actividade...foi Thomas Alva Edison no ano 1789.

LIBRO CASIMIRO (I)

Ola meniñas e meniños, son Casimiro!



Ando a traballar co meu ordenador para un importante proxecto na escola. Fai algo de frío por eso estou ao pé do lume. 
Sabedes que o lume é un invento creado pola humanidade fai moooooooitos pero que moitos anos? 
Entre as súas diversas funcións, atópase a de dar luz e calor. Calor para, por exemplo, cociñar ou que non pasemos frío no inverno. E luz, para que vexamos de noite. Pero claro, a raíz do lume inventáronse moitos outros artiluxios máis cómodos e sinxelos que realizan esta mesma función. 
Aquí vos deixo a línea do tempo que explica como evolucionou a forma de iluminarnos. Dende o lume, unha fogueira semellante á que fixen eu, ata a bombilla!


miércoles, 27 de abril de 2016

INFORME FINAL DE PRÁCTICAS

Hola, os dejamos el enlace a nuestro informe final de prácticas, a ver que os parece.

CUENTO

Hola, este pequeño cuento sobre inventos les puede interesar a los más peques. De el cuento pueden aprender valores  como el respeto o la fraternidad. No siempre  es bueno estar enganchados a la televisión o al ordenador. Puede servir para desengancharse del ordenador después de leerlo. ¡Bueno, es una idea!
Cuento

MUSEO!

Aínda sigo por aquí. Vou deixarvos o enlace a unha páxina que é Miba, un museo de Barcelona. Así de paso douvos unha idea de vacacións para este verán..que xa están ahí ahí. É un museo de ideas e inventos, con espacios absurdos, reflexonarium, etc....a min pareceme moi curioso..asi que xa sabedes, se ides a Barcelona visitainos..para saber mais, preme aquí.

REFLEXIÓN FINAL DA MATERIA

Bos días mozos e mozas! Cómo andades? Eu algo cansa, rematando todos os traballos e proxectos que teño que facer para a carreira. De todas as materias deste ano, Novas Tecnoloxías e unha materia da mención resultáronme as máis complicadas. Desde o meu punto de vista, é moitísimo traballo semanal, tanto na parte teórica coma na parte práctica: prácticas de cada tema de teoría, entradas para o blog, actividades varias con diferentes programas, proxecto, etc. Quizás non é complicada a palabra, mais ben é materia de traballo continuo. Pero isto tamén ten un lado bo, é que de tanta práctica semanal coñeces mellor os programas, recursos contidos, etc. 
Tamén é unha experiencia nova, xa que eu nunca tiven un blog nin se me pasaba pola cabeza telo..e a verdade é que non está mal. Tamén grazas a esta materia aprendín moitísimos recursos, programas, aplicacións, etc. Considéroas súper útiles e xa gardei cada enlace, nome, etc. no meu dropbox xa que, como xa dixen, os considero moi útiles para o meu futuro espero que non moi lexano. 
En fin, é unha materia na que hai que traballar duramente tanto na clase como fora dela pero aprendes cousas útiles para o futuro. Iso sí, espero que tanto traballo teña un bo resultado...espero aprobar! :) Xa vos contarei....saúdos e ánimo! 

martes, 26 de abril de 2016

INVENTOS S.XIX Y PRINCIPIOS S.XX


Hola, en este enlace podreis encontrar una breve información sobre inventos muy presentes, que empleamos muchos de nosotros sin ninguna dificultad.Contiene datos ineresantes para aprender más sobre ellos.Al final de la páginas tienes documentos relacionados que también te servirán para seguir conociendo inventos.
Un saludo
Inventos

viernes, 22 de abril de 2016

WEBQUEST XA DISPOÑIBLE

Boas noites chicas e chicos!

Aquí vos deixamos a webquest da que vos viñemos falando durante un tempo.


Clickade aquí para vela: http://mestresenproceso.wix.com/mestresenproceso

Agardamos que vos guste!
Un saudiño

miércoles, 20 de abril de 2016

REFLEXIÓN SOBRE OS COMENTARIOS D@S COMPAÑEIR@S

Boas tardes lectoras e lectores!

Estáse a rematar o cuatrimestre e con el, andamos todas e todos tolos para rematar cos proxectos pendentes. Entre eles, os relacionados coa materia de Novas Tecnoloxías, pola que estamos aquí neste maravilloso blog.

Por esta razón, imos facer unha breve reflexión sobre o que nos pareceron os comentarios que nos deixaron en diversas entradas ao longo destes últimos meses. 

Antes de que se nos esqueza, cómpre destacar que os agradecemos moitísimo, xa que dalgún xeito leron pequenos anacos de ideas e reflexións que fomos compartindo públicamente grazas a esta útil ferramenta que é Blogger. Asimesmo, tamén nos sentimos moi satisfeitos xa que moita información que nos foi necesaria, tamén lle puido ser precisa a outras persoas.

Asique, reiteremos os agradecementos e ata a próxima!

Un saúdo!

INVENTOS CURIOSOS

Boas tardes mozos e mozas. Cómo andades? ánimo que xa queda pouquiño para rematar as clases e para que chegue o verán. Hoxe vou a deixarvos o elace a una páxina na que nos ensinan 25 inventos raros e curiosos hahaha. Se lle queres votar una ollada...preme aquí
Un saúdo..e ata a próxima!

WINDOWS MOVIE MAKER

Hola jóvenes!
Hoy vamos a tratar el tema del Movie Maker. Este es un programa que se utiliza para hacer vídeos con fotos, meterle música a un vídeo... Tiene una unión con la actividad del Disco de Newton. Esto se debe a que para realizar el vídeo del disco de colores utilice este programa para componer un vídeo tras haber inmortalizado los pasos del proceso de creación. Posteriormente y con la ayuda del mismo programa le he añadido una canción de fondo. como podéis observar es un programa muy completo que permite transformar unas fotos en un recurso audiovisual, os recomiendo su uso.





NON VAI GOOGLE!!

Bos días queridas e queridos!
Son Eugenia e veño un pouco cabreada. jaja, sí, novidade en min! 
A verdade é que non tiña unha idea clara sobre de que vos podía falar hoxe. Pero xa se me iluminou a bombilla!
Resulta que levo dende onte á tarde sen poder acceder a google e a todas as súas aplicacións dende o meu ordenador persoal. Nin eu, nin moitos dos meus compañeiros de clase. Parece ser que a rede wifi da universidade non funciona ben e debe ter fallos. Para min é un problemón, dado que teño case media vida, ou a vida enteira estudiantil na nube do drive, no que fago traballos grupales online.
Espero que se arranxe pronto, porque senón a saber que solución teño que argallar!

Se alguén coñece a solución, que a comparta por favor jeje

Un saúdo!

ESQUELETO DO E-BOOK

Moi bos días meniñas e meniños! Como estades?

Hoxe vimos para contarvos rápidamente como terminaremos co noso proxecto. Xa sabedes que imos facer un e-book, para que todo o traballo e ferramentas educativas interactivas que creamos sobre os inventos teñan concordancia.
Para iso, a nosa idea consiste en elaborar un conto que relacione todos os inventos traballados.
Veredes que atractivo resulta!

Un saúdo e ata a próxima!

martes, 19 de abril de 2016

MURAL

Hola,  gustaríame resaltar unha das experiencias practicas que se atopan nesta web. Trátase dun mural feito con inventos realizados polas familias  no que se amosan unhas fermosas fotografías do resultado finaldo seu traballo.   O mural leva como título "o tren do progreso "e amosa os inventos a través da historia dende os máis antigos ós máis recentes.  Mural

lunes, 18 de abril de 2016

TICHING

Boas tardes rapaces e rapazas!
Hoxe volvo estar por acá, con unha nova entrada. Xa queda pouco, xa que as clases están a piques de rematar. Pero no vou falar diso, navegando pola rede atopei, entre outros, "Tiching" que comezou sendo un buscador de recursos pero agora permite compartir recursos co alumnado, contarctar con outros docentes, ... Os contidos están  categorizados polo curso, competencias, tipoloxía, idioma, tipo de medio, tipo de actividade, destinatarios, audiencia e creador. Moi completiño e sobre todo intuitivo e super clasificado. Se o queres ollar...preme aquí! Pois ata aquí! Bo comezo de semana a todos e a todas!  

domingo, 17 de abril de 2016

ACTIVIDADES LIBRO ELECTRÓNICO

Boas tardes, deixovos aquí unas actividades creadas con Ardora para o noso proxecto do libro electrónico. A primeira actividade é de completar uns termos para saber un pouco sobre a historia do papel. A segunda é un puzle. A terceira é sobre distintos usos do papel. E a última é una pequeña historia sobre cómo se fai o papel. Debido a que son incapaz de subilo link, déixovos unha captura das actividades...
Actividade 1
Actividade 2
Actividade 3
Actividade 4
Ata aquí...


miércoles, 13 de abril de 2016

ACTIVIDAD WEBQUEST

Hola esta actividad está feita con Edilim para a Webquest.

ACTIVIDAD LIBRO ELECTRÓNICO

Actividad feita con Ardora para o libro electrónico.

ACTIVIDAD WEBQUEST

Actividad feita co Edilim para a webquest




PULSEIRAS

Bos días meniñas!

Sí, son tan mal educada que só saúdo ás chicas. Pero teño unha boa razón.
Veño para traervos una vídeo demostracións de como facer pulseiras con gomiñas, xa que estivo moi pero que moi de moda e resulta un abalorio moi barato e asequible para todos os bolsillos. Para os chicos tamén pode ser moi interesante eh!
Pinchade aquí para velo.

Un saúdo queridos e queridas!

ACTIVIDAD LIBRO ELECTRÓNICO

Esta é unha actividade feita con Ardora para o libro electrónico.Consiste en ordear as imaxes.




YOU TUBE

Buenos días alumnos y alumnas, esta entrada tiene como fin incentivar el uso de un canal propio en You Tube dado que es de gran utilidad. Podéis subir vídeos que creéis, que grabéis o que os gusten y la gente podrá opinar si les gusta o no y hacer comentarios sobre ellos. Además podréis hacer vuestras propias listas de reproducción de vídeos o música; vídeos de risa (y añadir ahí todos aquellos vídeos que os resulten graciosos), rock (e introducir ahí toda la música rock que os guste) etc. Considero esta opción como algo a tener en cuenta dado que además nunca perderías los datos ya que quedan en la nube. Aquí os dejo el enlace a mí canal para que podáis consultarlo y haceros una idea.

martes, 12 de abril de 2016

LIBROS COMO FERRAMENTAS TIC

¡Hola, nenos e nenas! é moi aburrido facer sempre fichas ou resolver exercicios, así que os profes poden ollar este enlace no que atoparán moitísimas creacións de persoas que adicaron parte do seu tempo a elaborar libros que sorprenden. E todo un privilexio ter acceso a eles, ¡non desaproveitedes a ocasión!

Saúdos

Libros

CUESTIONARIO FINAL

Boas tardes meniñas e meniños!

Tráigovos o cuestionario final que dará por finalizadas todas as actividades interactivas propostas acerca dos inventos. Ademais de servir de resumo, avaliará todo o aprendido sobre o tema.
Como non, todo moi sinxeliño, xa que é para os máis cativos e cativas.

Sentimos que esté feito coa mesma ferramenta (Educaplay), pero é a única que non presenta problemas á hora de previsualizar as actividades, gardalas e publicalas (sexa cal sexa o ordenador que utilicemos).

Ata a próxima!




Cuestionario final

lunes, 11 de abril de 2016

DISCO DE NEWTON

Chicos aquí os dejamos un stop motion sobre la rueda de colores también llamada disco de Newton y como hacer una vosotros. Espero que lo intentéis.

OBJETOS CIRCULARES

Esta será una actividad en la que deberéis unir cada objeto con forma cilíndrica con su correspondiente función, os dejo aquí la actividad.

Objetos Circulare

MINDOMO

Boas tardes mozos e mozas!
Como estades? Hoxe toca actualizar e pásome por aquí para darvos a coñecer un programa que permite facer mapas conceptuais. Eso sí, hai que rexistrarse. O programa chámase Mindomo. Pinchade aquí se estades pensando en crear un mapa conceptual. Boa semana!

viernes, 8 de abril de 2016

CANDO A TECNOLOXÍA NON FURRULA...

Boas queridas e queridos!

Son Eugenia e veño algo mosqueada para escribir esta entrada. Porque tras publicar as dúas actividades de Educaplay fai uns instres, dinme conta que é a única aplicación que me funciona correctamente con dispositivos Apple. 
Ao ser unha ferramenta que se pode empregar en línea, non presenta ningún tipo de problema á hora de compartir e/ou publicar as actividades. Ademais, que contén numerosas posibilidades e actividades para poder crear. 

O problema reside noutras ferramentas como Edilim ou Hotpotatoes, entre outras, que para Mac non funcionan. E é que unha: Hotpotatoes non o consigo descargar, co cal non podo crear actividades. E dúas, Edilim sí o descargo, pero non me abre os archivos, co cal non teño á miña disposición e para empregar nas actividades imaxes, sons, etc. 

En fin, que a ver se consigo solucionar isto!

Un saudiño!

RELACIONAMOS

Pois xa non esperamos para ensinarvos a actividade de relacionar columnas. Tamén moi simple, jeje!

Sen límite de tempo e con tres intentos para os peques..!
Estamos desexando que as roben algún día!Unimos sen inventar

Un saúdo meninos e meninas!

AQUÍ UNHA ACTIVIDADE!

Moi boas tardes meniños e meniñas!
Tráigovos unha das primeiras actividades que temos realizadas para o e-book. Trátase dun mexunxe de letras no que os máis pequenos e pequenas teñen que buscar diferentes inventos que lle propoñemos e os seus inventores.Inventos e inventores/as

Sí, xa sabemos que é moi sinxeliña! Pero lembrade que son actividades para as e os máis cativos!

Deica a próxima!

miércoles, 6 de abril de 2016

CURIOSEAR SOBRE INVENTOS

Este sitio tiene un montón de curiosidades sobre inventos y en todos se comienza con una pregunta. Podrás encontras multiples historias y inventos de sobra para conocer mucho más sobre todo este tema.
 Revista sobre inventos

EL BLOG DE MANU VELASCO

Muy buenos días a todos chicos! El blog de Manu es un espacio al cual los docentes podrán acudir en busca de información para mejorar su trabajo. En el pueden contemplar el propio papel del docente y su fin a la hora de forjar alumnos, es decir, que deben conseguir alcanzar o trabajar con los alumnos. Además dispondrán de multitud de pestañas que visitar según lo que les interese aprender o corregir. Aquí os dejo el enlace para que lo podáis visitar.

jueves, 31 de marzo de 2016

EXPERIENCIAS CON EVERNOTE

Bos días queridas e queridos!

Son Eugenia e veño por aquí para relatarvos a miña experiencia coa ferramenta "Evernote". Para comezar explicareivos en qué consiste. 
É unha forma de traballo na que podes escribir, recopilar, buscar, presentar e realizar todo desde un só espazo de traballo. En dito espazo, podes escribir todos os días, tomando notas de todo aquelo que precises para o futuro; traballar en equipo, compartindo todo tipo de información en calquer momento e lugar; recopilar información sobre diversas investigacións; facer capturas e gardalas ao instante; así como, compartir ideas e sincronizalas desde os diferentes dispositivos móbiles ou ordenadores que utilices. 

En definitiva, un espazo informático que me serve para gardar as ideas e/ou pensamentos no preciso momento no que me sinto inspirada, compartilos e almacenar os traballos más importantes nun só espacio dixital. 

Asique xa sabedes, tede en conta Evernote para organizarvos persoalmente. 

Ata a vista, meniñas e meniños!

miércoles, 30 de marzo de 2016

EXPERIENCIAS COAS TIC

Boas tardes nenos e nenas! Que tal o pasastes nas vacacións?
Seguro que xenial, de vacacións sempre se está moi ben. Hoxe pásome por aquí para facer una nova entrada e para compartir con vos un blog  no que unha mestra nos comparte as suas experiencias coas TIC na aula, o que aprende, os seus descubrimentos, etc. Se estades interesados, pinchade aquí.
Deséxovos que pasedes unha moi boa semana e que teñades un bo comezo. Un saúdo.

PARA FUTUROS E PRESENTES DOCENTES

Moi bos días raparigos e raparigas! Como foi a Semana Santa?
Tráigovos hoxe unha lista de ferramentas TIC para docentes coas que poder elaborar múltiples actividades e/ou presentacións, así como facer máis amenas as clases. Agardo sexa de moita utilidades para todos aqueles que precisades destas invencións do mundo moderno e tecnolóxico.
Premede aquí para velas.

Un saudiño!!

martes, 29 de marzo de 2016

DESAFÍOS DE LA INVENCIÓN

Esta guía me ha asombrado es muy útil para un maestro y una buena idea para trabajar con los niños. Su diseño me parece  muy logrado. Es muy completa, explica al detalle como podemos enseñar el proceso de crear un invento paso a paso. Puede ayudarnos a iniciar a los niños en el desafío de la invención.

Desafíos de invención

miércoles, 16 de marzo de 2016

SOPAS DE LETRAS

Boas tardes nenos e nenas!
Seguro que moi contentos xa que quedan so dous días para as vacacións de semana santa... haha.
Bueno, hoxe vou a deixarvos un enlace dun programa que nos permite crear sopas de letras dun xeito moi moi sinxelo. Podes elexir ti as filas que queres, as palabras, e incluso podes meter palabras trampa. Está en castelán e xa vos digo que é moi sinxelo. Se vos interesa pinchade aquí
Bueno rapaces e rapazas, disfrutade moitísimo das vacacións..e ata a volta!!

WEBQUEST

¡Hola a todos y todas!
Estamos trabajando en la creación de una webquest que es una estrategia de aprendizaje en la que el alumno resuelve un problema con los recursos planificados previamente por el docente que servirá de guía para formar su conocimiento. Esperamos acabarla pronto. De momento esta es la parte que tenemos diseñada. Webquest

RECURSOS EDUCATIVOS DIGITALES

He encontrado en esta página, es  un lugar donde encontrar materiales elaborados para docentes que me parecen interesantes, contiene actividades para trabajar los inventos. Yo no puedo acceder a ellos pero me parece que es importante conocer sitios como estos en los que tengas a mano este tipo de información y materiales.El contenido que se muestra es útil y abarca distintos temas. Herramientas TIC

miércoles, 9 de marzo de 2016

UNHA HUMILDE OPINIÓN SOBRE KIDDLE

Boas tardes meniñas e meniños, 
como estades?

Nos últimos días acudimos ao nacemento dun buscador para que as nenas e os nenos naveguen con seguridade pola rede: Kiddle. Xa vos comentei na entrada anterior que publiquei (son Eugenia, por certo!) que era unha ferramenta que tiña moitas ganas de comentar. E ahí vou:

Encántame este innovador motor de búsqueda. Unha inciativa precisa para os máis cativos, para que deste xeito, poidan utilizar a rede sen ningún tipo de inconvinte. Pero como todo, ten a súa parte oscura. 
Kiddle é un motor de búsqueda non un navegador. Isto é que precisan dun, por exemplo de Safari, Chrome, Mozilla Firefox ou outro para acceder a Kiddle e, posteriormente, realizar a súa búsqueda dende ahí. O erro que aprecio é que este sistema non impide que os meniños e meniñas accedan a páxinas inapropiadas dende a barra do navegador. 

É preciso seguir traballando nestas iniciativas tan precisas e importantes para a seguridade dos nenos e nenas na Internet. 

Un saúdo e ata a próxima entrada!

DÍA DA MULLER (INVENTORA)

Moi bos días!

Aquí estamos como grupo cunha nova entrada. Desta quenda e con motivo do Día da Muller Traballadora (que foi onte, 8 de Marzo) queremos darlle presenza como exemplos a seguir ás mulleres inventoras. Pois, lamentablemente, caímos na conta de que todos os inventos escollidos para traballar coas nenas e nenos nun aula de primaria, son obra do sexo masculino. Pero iso non significa que as mulleres non teñan mentes privilexiadas das que saíron e sairán numerosos e útiles inventos. 

Navegando pola rede, descubrimos que tanto o wifi como o e-book foron obra de Hedy Lamarr e de Ángela Ruiz Robles, respectivamente. 
Cabe engandir, que á súa vez, Ángela Ruiz Robles tamén foi a precursora das tablets, eses dispositivos tan presentes na actualidade en moitas aulas do país. 

Se queredes botarlle un vistazo a este tema, deixámosvos aquí o enlace para que ademais, poidades descubrir (senón o sabedes aínda) cales son as 10 inventoras máis destacadas do panorama dos inventos. 

Nós non as coñecíamos, e vós? Sabedes algún dato máis?

Un saúdo e ata a próxima!

EXPERIENCIAS NAS AULAS COAS TIC

Boas tardes rapaces e rapazas! Cómo andades?
Eu volvo por aquí despois de unha semaniña. Hoxe toca facer una nova entrada para o blog. E como non podería ser doutro xeito, sigo falando das TIC nas clases. Experiencias prácticas que podemos atopar pola rede. Neste caso é sobre o uso da PDI e doutras ferramentas TIC nunha clase de Infantil.
É unha páxina web na que una profesora nos conta a súa experiencia coas TIC día a día, xa que ela as usa tódolos días. Desde a primeira hora da mañá e non se imaxina impartir clase sin elas. Como xa dixen en outra entrada, todo son vantaxes. Ela ten as TIC integradas na aula xunto con outras ferramentas que se usaron sempre, pero confírmanos que a PDI motiva máis aos rapaces e rapazas que outras ferramentas comúns e  se complementamos as ferramentas tradicionais coas TIC os alumnos e as alumnas aprenden mellor os contidos curriculares.
Déixovos aquí o enlace por se queredes pasarvos e deixar algún comentario. Pásade boa tarde!!

REVISTA WEB

Bos días meniñas e meniños! Que tal a vosa semana?

Hoxe tráigovos unha entrada express. Trátase de Educación 3.0, unha revista web para a nosa aula de primaria. Como é unha revista contén, obviamente, noticias, recursos, experiencias, entrevistas, opinións e recursos.

Un recurso que me pareceu moi interesante é o novo buscador para nenas e nenos denominado: Kiddle, dispoñible nesta revista. Máis adiante igual volo traigo con máis información sobre el.

Espero que sexa do voso interese.

Un saúdo e ata a próxima!

ACTIVIDADES SOBRE INVENTOS

Nosotros también realizaremos varias actividades sobre inventos, pero mientras podeis echarle un vistazo a estas que os servirán para conocer un poco más algunos inventos. Son vistosas y podreis pasar un buen rato.También puede ayudarnos cuando hagamos las nuestras tomarlas como ejemplo. Todavía nos queda mucho por hacer pero no van a ser parecidas a estas.
actividades

martes, 8 de marzo de 2016

LA HISTORIA DEL PAPEL

A través del enlace que aquí se os ofrece, podréis tener conciencia de como se creo el papel y como llego a desenvolverse hasta nuestros días. Un adelanto para que os pique la curiosidad es que el papel original eran pieles de animales en las cuales escribías con el jugo de frutos o con la sangre de los animales. Poco a poco esto fue desarrollándose hasta que llegamos a nuestros días y al papel moderno.

miércoles, 2 de marzo de 2016

OS INVENTOS

Boas tardes mozos e mozas!! Que tal estades?
Hoxe volvo por aquí, despois de unha semana, para deixarvos una páxina web que contén, entre moitos outros contidos, unha pequena lectura/ conto sobre os inventos. Xa ben sabedes que é o tema que eleximos para o proyecto da materia.
O conto fala de moitos inventos, incluso fai preguntas o lector para mantelo máis activo, enlaza un invento con outro, etc. Tamén incorpora imaxes e os parágrafos de texto son curtos, polo que ós rapaces e rapazas non lles resultará complicado leelo.
Desde o meu punto de vista, engadiría alguna actividade interactiva, ben de comprensión da lectura, de reforzo, etc.
Pois nada máis, pinchade aquí se estades interesados en leer o conto, e se vos apetece deixade a vosa opinión.

ÚLTIMAS NOVAS

Moi bos días meniños e meniñas!

Estamos aquí como grupo para contarvos as últimas novas.
Resulta que andamos sumerxidos na invencción de actividades interactivas para introducir no noso e-book infantil.
En primeiro lugar, aclarvos que todas estas actividades van ser publicadas no noso blog pouco a pouco e, finalmente, serán reunidas no libro electrónico.
Os inventos cos que imos traballar na nosa aula de 1º de primaria son: a roda, a bombilla, o teléfono e o papel. E para iso, pensamos en varias actividades que sirvan para aprender que non todo existe dende sempre.
Para comezar o tema en cuestión, empezaremos cunha webquest que responda á pregunta: "Que é un invento?" e dentro dela pretendemos crear unha actividade sobre o método científico e a necesidade e o porqué dos inventos.
Logo procederemos a elaborar todo o conxunto de xogos relacionados xa, cos inventos elexidos; como por exemplo (e esto é unha tormenta de ideas):

-Para a roda: un banco de actividades relacionado coa búsqueda de elementos redondos, o traballo das diferentes formas, identificar os usos e un stopmotion sobre o disco de Newton.

-Para o teléfono: pensamos na ordenación de imaxes que recreen o xogo da comunicación entre vasos e outro xogo de suma de 1+1=2 que explique, asimesmo o número de emerxencia.

-Para a bombilla: contamos con crear unha línea do tempo que explique a evolución da iluminación. Isto é, como antes das bombillas existiron os candelabros, as velas, as antorchas (o lume), etc.

-Para o papel: pretendemos crear un edilim contando a historia do papel e que conteña diferentes xogos interactivos (puzzle, vídeo tutorial para facer papel reciclado, usos, orixe, etc).

Finalmente, debería conter unha evaluación final, a modo resumo con sopas de letras, mapas conceptuais e cuestionarios.

Esperemos que consigamos realizar todo isto sen moita dificultade. Informarémosvos a medida que vaiamos avanzando no tema.

Un saúdo e ata pronto!

LOS FILTROS, UN INVENTO ESPAÑOL

En este recurso web que adjunto, podemos leer como la historia inicial de la búsqueda de una novia y un trabajo fue llevada a cabo con un éxito total por Galindo. Frecuentaba un estanco en concreto por que le gustaba la dependienta y a raíz de eso se vinculo al mundo del tabaco llegando a ser el inventor de los cigarrillos adaptad os a los filtros y otros inventos aquí podréis encontrar cierta información sobre él.

POR FIN NOS PRESENTAMOS!!

Tras case un mes, ímonos presentar. Por fin!, estaredes a pensar.

Ante todo, pedir desculpas por semellante falta de educación, pero foi todo moi precipitado. Estrear o blog e comezar con todas as actividades obrigatorias e precisas. Aclaro isto: o blog forma parte dunha actividade universitaria da materia "Novas tecnoloxías aplicadas á educación" que se imparte neste segundo cuatrimestre, no Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo (Campus de Ourense).
Supoñemos que xa vos destes de conta que somos catro persoas a levar en común o blog: David, Eugenia, Isabel e Sofía. Xa sabedes tamén, que o blog está íntimamente relacionado co noso proxecto de clase: un e-book sobre os inventos para o alumnado de 1º de primaria; dahí que a maior parte das entradas publicadas sexan sobre recursos TIC.
Decir que somos estudantes da carreira que nomeei anteriormente, con moitas ganas de traballar con nenos e nenas e as TIC, como expoñemos na descripción do blog.

E aquí a presentación máis persoal:
Todos nós moi inventores e inventados!! jajajaja

Un saúdo e ata a próxima!

A TABLET NA EDUCACIÓN PRIMARIA

Bos días meniñas e meniños!

Despois de presentarnos como é debido, podo decir que son Eugenia (jejeje).
Hoxe pásome por aquí para mostrarvos unha noticia que atopei na rede sobre experiencias prácticas na aula con tablets. Eses aparellos que parece que chegan para instalarse definitivamente na escola.
A noticia é a seguinte: "La tablet en Educación Primaria".

Coido que sexa do voso interese,

Un saúdo e ata a próxima!

martes, 1 de marzo de 2016

LOS 10 INVENTOS MÁS IMPORTANTES

Este blog trata sobre inventos.Que mejor, que tener presente  cuáles son los más valorados y reconocidos por su importancia. Así, no nos dejaremos los relevantes atrás.Claro, que para cada uno puede ser distinto y tener sus propios diez favoritos.¿Habías pensado alguna vez en ello?¿Cuáles son los tuyos?.
Quizás deberíamos pensar en los más útiles o en los que más empleamos a diario. También hay inventos que son muy simples pero que aun así resuelven grandes problemas.
El ordenador que estoy empleando, también es un gran invento y es uno de los que ha ido evolucionando.
Los inventos nos los encontramos por todas partes y a veces no le prestamos atención. En mi opinión es algo curioso en lo que pensar. Igual, pensando y pensando tendré alguna idea para un invento.De momento intentar conocerlos para no repetir ninguno estaría bien.
Top 10

miércoles, 24 de febrero de 2016

EXPERIENCIA CON LIBROS DIXITAIS

Boas tardes rapaces e rapazas! cómo estades? Hoxe estou por aquí xa que indagando por internet atopei un vídeo moi curtiño que fala da experiencia, o balance dos libros dixitais nas aulas. Como xa ben puxen nunha das primeiras entradas do blog, opino que as TIC deberían estar xa incluidas en todos os colexios, xa que son todo puntos a favor.
Este vídeo fálanos da experiencia dos libros dixitais na clase, móstranos a opinión de alumnos e alumnas, dos docentes e incluso dos país. E como o proxecto que queremos facer para a materia "Novas Tecnoloxias" vai sobre un libro dixital, creo que esta experiencia nos pode motivar para o proxecto e tamén para o futuro. Aquí vos deixo o vídeo, botádelle una ollada.

PÓSTER DIXITAL REMATADO

E xa pola tarde, boa sexa por certo, ao fin conseguimos rematar o susodicho póster dixital.
Animámosvos a que lle botedes unha ollada, xa que reúne todas as ferramentas TIC que nos poden resultar precisas para o noso e-book de primaria sobre os inventos.

Ata a próxima chicuelos e chicuelas!

BORRADOR PÓSTER DIXITAL

Bos días amigas e amigos, como estades?

Hoxe foi un día de duro traballo. Andamos mergullados na creación dun póster dixital sobre as ferramentas TIC que vos mostramos a semana pasada. Como aínda non está rematado, non vos podemos ensinar o resultado definitivo, pero aquí vai unha mostra dun primeiro esbozo.

Agardamos que vos guste e vos resulte esquemático e simple para poder ver todos os recursos que andivemos a buscar para a creación do noso e-book sobre os inventos.

Un saudiño e ata a próxima, meniñas e meniños!

martes, 23 de febrero de 2016

REFLEXIÓN SOBRE A BÚSQUEDA DOS RECURSOS

Esta reflexión que estou levando a cabo sobre a búsqueda dos dous recursos que utilizaremos tamén no poster e unha invitación indirecta que a xente trate de utilizar as novas tecnoloxías cun fin pedagoxico ou simplemente darlles un bo uso, xa que un ordenador, un móbil e unha tablet serven para mais que para as redes sociais e os xogos; son unha fonte de información e ferramentas case infinita e debemos tratar de aprobeitar isto.

Xa centrándonos na búsqueda dos recursos, foime bastante sinxelo, dado que tratei de buscar dous tipos distintos de recursos pero lúdicos ambos:

Por un lado temos un recurso audiovisual sobre como facer unha roda de cores na casa, e como esta funciona. É un vídeo sinxelo no que calquera rapaz pode encontrar a guía perfecta para facer a sua propia roda de cores e usala.

Por outra banda temos un recurso web sobre o típico xogo de operación no cal o tema da electricidade non se atopa de primeiras pero esta presente ademais de transmitir coñecementos  sobre a anatomía humana como o nome dos osos mais destacables etc...

jueves, 18 de febrero de 2016

NOVAS DO DÍA

Hoxe atopeime con esta noticia dun xornal galego que sacaron hoxe!! Na miña opinión é una boa noticia, xa que supón un avance, pero queda moitísimo por facer...que opinades? se che apetece lela pincha aquí
Que teñades un bo fin de semana compañeiros e compañeiras!!

REFLEXIÓN SOBRE A BÚSQUEDA DE RECURSOS

Boas tardes rapaces e rapazas!!
Pásome un día máis por aquí para contarvos como foi esta experiencia de buscar recursos na web para poder cubrir a ficha de análise. Parece sinxelo xa que en Internet podemos atopar todo tipo de información, pero a realidade é que non todos os resultados que atopamos son o que buscamos. eu tiña que buscar dous recursos que me servisen para o libro electrónico que queremos facer sobre "os inventos". O que máis fácil me resultou foi a búsqueda dos programas que serven para crear libros electrónicos xa que encontrei páxinas que me proporcionaban os datos que eu quería. Buscar as actividades resultoume máis complexo xa que parecía que entraba na páxina e o contido desta era totalmente distinto ó que eu buscaba.
En resumo, sí é certo que Internet nos proporciona moita información, pero temos que ter cuidado porque ó acceder as páxinas, non sempre mostra o que buscamos.

miércoles, 17 de febrero de 2016

POLÉMICA ENTRE AS TIC E A EDUCACIÓN

E antes de marchar, eiquí vos deixo unha noticia do xornal Colombia digital na que se fala sobre as TIC e a educación. Son aliadas ou enemigas?

Que pensades vós sobre este tema que causa tanta polémica? 

Para ler a noticia, pinchade aquí.

Saúdos meniñas e meniños!

MÁIS E ÚTILES RECURSOS WEB PARA E-BOOKS, OPINION PERSONAL

Boas e chuviosas tardes...

Aquí estou de novo queridos e queridas! Sen deixar pasar tan sequera un día de relax jajaja
Son Eugenia e procedo a relatarvos a miña experiencia individual indagando sobre os recursos web para e-books que vos presentei esta mañá.

A actividade en sí non parecía nada doutro mundo, posto que coas ferramentas axeitadas (ordenador, tableta ou teléfono móbil) e conexión a internet case ía todo rodado. Mais ao tratarse dunha búsqueda era precisa unha investigación sobre os recursos que ía vendo, para poder analizalos e decidir se eran os axeitados ou non para o noso proxecto (un e-book para primaria sobre os inventos, xa sabedes!). 
En xeral, foi sinxelo posto que, únicamente con conseguir recursos válidos, era cubrir de forma persoal unha ficha técnica, que para nós, e para vós pode resultar moi útil á hora de querer traballar con libros dixitais ou querer crear un. 
De todos xeitos, cabe mencionar que, dentro desa simpleza, hai que buscar e valorar o que atopamos na rede de forma crítica e reflexiva. Non nos olvidemos que excesiva información, desinforma.

Ata a seguinte entrada!

FICHAS ANÁLISE

Bos días.
Atopei por Internet estes dous recursos. Un sería para reforzar o contido dos inventos visto na clase, se queres ver a ficha de análise pincha aquí. O outro recurso serviríanos de  axuda se o que precisamos é información para crear un libro electrónico, se vos interesa pinchade aquí.

SEGUIMOS CON MÁIS E ÚTILES RECURSOS WEBV PARA E-BOOKS

Bos e xeados días, amigas e amigos!

Esta entrada ten como fin último ensinarvos dous recursos web que atopei pola rede e me resultaron interesantes para o proxecto que imos realizar. Como ben sabedes, e senón coméntovos, trátase dun libro electrónico adicado a meniñas e meniños de 1º de primaria sobre os inventos.
Clickando en cada enlace podedes ver cales son e a ficha técnica que cubrín de forma persoal coa miña opinión:
O primeiro recurso é de Vilmanunez mentras que o segundo é da páxina oficial de Samsung.

E sen máis, espero que vos resulten útiles, se coma nós, tamén pretendedes crear un libro electrónico.

Un saúdo meniños e meniñas e ata o próximo post!

JUEGO OPERACIÓN

En el siguiente análisis sobre un recurso de tipo web referido a un juegos de mesa se analiza la polivalencia de este popular  y sus diferentes funciones.

RUEDA DE NEWTON

En el siguiente enlace podrán disfrutar de un pequeño análisis sobre un recurso audiovisual que sera de utilidad para nuestro proyecto. La rueda de colores es el tema del recurso; pueden acceder a través del enlace que aparece en el análisis a un breve vídeo sobre dicho elemento.

martes, 9 de febrero de 2016

JUEGOSINSTRUCTIVOS

El descubrimiento de juegos online que, como profesores y profesoras, podremos utilizar en nuestro ejercicio de la docencia es algo a destacar, tanto es así que disponemos de infinidad de web a las que poder acceder para encontrar juegos de distintos tipos como por ejemplo en la cual encontraremos un juego a través del cual enseñarlos colores; en este  enlace por lo contrario encontraremos un juego de electricidad en el cual deberán hacer llegar la corriente a todas las bombillas desenvolviendo el ingenio y sus habilidades mentales.
Estos son solo algunos ejemplos del gran abanico que las tics nos ofrecen y que como docentes deberíamos tener mas en cuenta y ayudarnos de esto a la vez que enseñamos.

domingo, 7 de febrero de 2016

REFLEXIÓN TEÓRICA:

Bos días a todos os lectores e lectoras.

Hoxe imos tratar a revista dixital pixelbit e todo o que esta nos pode ofrecer:

O principal obxectivo desta revista e ser una ponte entre diferentes persoas de todo o mundo, xa sexan científicos ou curiosos que tratan de obter información e aprender sobre o mundo das TIC; tamén serve de fonte de divulgación de coñecementos e propón un novo motor de búsqueda de documentos segundo as preferencias que se teñan respecto do que se busca.

Unha vez que te inscribes na revista podes interactuar con ela e acceder a todo o que esta ofrece, a identidade de aquelas persoas que remitan un manuscrito para a súa dixitalización e subida á revista será coñecida solo polos membros do consello de redacción e mais os seus superiores.

Nesta revista atopamos diferentes servizos que poden axudarnos á hora de realizar os nosos traballos como CmapTools co que poder elaborar e aprender a elaborar mapas conceptuais; Ispring e outra ferramenta de gran utilidade á que podemos acceder a través desta revista, permítenos transformar os nosos power points que utilizamos nas nosas clases en arquivos flash máis lixeiros co que podemos remitirllos os alumnos de forma máis sinxela. Permítenos tamén o acceso a una revista online científica chamada COMUNICAR, coa que, como docentes, podemos traballar á hora de procurar información e actualizarnos, a única pega que atopo e que e de carácter trimestral dado que no caso de ser moi hábil coas TIC pode limitar a túa velocidade de aprendizaxe.


Coa fin de rematar esta entrada e coma conclusión quero engadir que a revista dixital pixelbit abre un grande abanico de opción de todo tipo as cales podemos remitirnos para mellorar tanto no ámbito docente coma fora das aulas, ademais podémonos implicar mais a fondo sendo participes da revista coa fin de transmitir os nosos coñecementos ou descubrimentos respecto das TIC.

miércoles, 3 de febrero de 2016

FERRAMENTAS TIC

Boas tardes de novo a todos e todas!
Preme aquí se queres informarte sobre diferentes programas que che axudarán a crear libros electrónicos. Son ferramentas moi intuitivas, pero cas que obteremos resultados fascinantes.
 Espero que vos sea de axuda, un saúdo!

REFLEXIÓN TEÓRICA

Boas tardes nenos e nenas!
A continuación vou facer unha breve reflexión sobre certos recursos educativos TIC. Comezo falando sobre as webs de recursos educativos dixitais, desde o meu punto de vista son moi interesantes xa que nos aportan moitas ideas, xogos, e experiencias sobre calquera contido que queiramos abordar. Tamén grazas a elas podemos reforzar contidos ou simplemente atopar máis información. A tableta é outro recurso interesante, que nos acerca a outros recursos, por exemplo ás webs. É moi sinxela de manexar e pódese utilizar en calquera sitio grazas o seu tamaño. Outras propostas interesantes son o e-book (libro dixital) ou as PDI, as revistas educativas dixitais e os recursos educativos audiovisuais.
As TIC supoñen un gran avance no ámbito educativo ó mesmo tempo que fan que as clases sexan máis amenas grazas á cantidade de recursos dos que dispoñemos, aínda que segue habendo quen non quere que os alumnos e as alumnas usen ordenadores, tabletas, etc na clase xa que pensan que se distraen. Na miña opinión penso que ferramentas TIC como as PDI, os ordenadores, as tabletas ou os libros dixitais deberían estar presentes en tódalas aulas, xa que o ser innovador atrae máis. O teléfono móbil tamén sería unha boa ferramenta, pero non é adecuada para a aula. En definitiva, igual que a sociedade en xeral avanzou grazas ás novas tecnoloxías, o ámbito educativo tamén se debería adaptar.
Hai aspectos negativos como en todo, por exemplo hai programas ou páxinas que poden ser moi interesantes pero que están en outro idioma que non todo o mundo comprende. Ou a veces pode haber publicidade enganosa, por eso debemos supervisar os movementos que os nenos e nenas fagan.
Nos eleximos, para o proxecto da materia “Novas Tecnoloxías”, realizar un libro dixital no que trataremos un contido educativo, neste caso vai ser “Os inventos”. Os libros dixitais son máis amenos que os libros de texto comúns, son máis interactivos e seguro que o aprendizaxe con eles resulta máis sinxelo e teremos máis ganas de aprender. Hoxe en día hai diversidade de programas que nos axudan a crear libros electrónicos gratuitos, aínda que nun principio pode parecernos complicado. Pero pouco a pouco iremos entrando en materia e aprenderemos a facelo e serviranos para o futuro.
Ata a próxima!

Libros dixitais vs. libros de texto

Hola amigas e amigos!

Aquí estou de novo para comentar unha noticia que atopei na rede sobre o aforro que supón o emprego da tecnoloxía na escola. Máis concretamente, do aforro que pode supoñer a utilización de e-books fronte aos libros de texto.
Premede aquí para botarlle un ollo á mesma.
Son das que aposta polas TIC e os dispositivos electrónicos para o emprego na educación. Tendo en conta a economía das familias, éstas poderían aforrar ata un 90% no presuposto escolar das súas fillas e fillos. Deste xeito, non se verían tan afogadas económicamente polo gasto tremendísimo que supón a compra dos libros de texto. Sen ter en conta todo o material escolar preciso a maiores.
Para as nenas e os nenos supón unha atracción hacia todo o relacionado cos estudos. Co que se verían incrementados de forma notoria os seus resultados académicos. Por outro lado, para os docentes suporía a facilitación das súas tarefas, ademais de que poderían atender de forma máis individual e exclusiva as necesidades do alumnado, propoñéndolle actividades "fabricadas" para cada un.
Que vos parece empregar e-books e outros recursos dixitais na escola?

Un saúdo meniños!

Recursos web para E-books

Moi boas tardes amigas e amigos!

Escribo esta entrada para falarvos brevemente dalgúns dos recursos dispoñibles na rede para a creación dun E-book (libro dixital).
Editoriais como Santillana teñen unha zona dixital na que comparten diversidade de libros electrónicos que abarcan diferentes áreas curriculares para todos os cursos de primaria. Os E-books desta famosa editorial son moi cómodos posto que se pode traballar na aula con eles de forma dinámica e amena, grazas aos xogos interactivos das diversas unidades didácticas que conteñen.
Tichin é un blog de educación e TIC. Describe e explica o funcionamento de varias ferramentas de fácil e intuitiva utilización para crear E-books. Evidentemente, trátase dun recurso que non está destinado ás nenas e nenos, pero resulta moi interesante dado que, como futuras e futuros docentes, pretendemos "fabricar" un libro electrónico co que o alumnado de primaria poida afianzar de xeito divertido os contidos traballados na escola. Cabe destacar que, ao tratarse de menores de idade, é preciso e recomendable a supervisión e/ou axuda e colaboración dos pais.
Con Tichin calquer docente pode diseñar e/ou rediseñar unidades didácticas que ensinar na súas clases.
Na miña opinión, e sen debida algunha, Blurb é un dos recursos existentes máis interesante. Permite crear, vender e/ou distribuír libros dixitais creados por nenos e/ou adultos para nenos. Unha das vantaxes é que dita creación pode ser realizada en lingua galega; pois, xa sabemos que o noso idioma queda nun segundo plano nas novas tecnoloxías e nos E-books.

Podedes pinchar nos hipervínculos para acceder aos recursos que vos propoño e botarlle unha ollada.

Un saúdo meniños!
Light bulb